12 de abr. de 2019

GONDOMAR

CONVOCATORIA DO XII PREMIO DE POESÍA VICTORIANO TAIBO

IEM / Gondomar

 O Instituto de Estudos Miñoráns (IEM), en colaboración co Concello de Gondomar, convoca o XII Premio de poesía Victoriano Taibo, dotado con 3.000 € e unha escultura conmemorativa de Fino Lorenzo. Rexerase polas seguintes  BASES:        

1.- Os traballos presentados deberán ser orixinais e inéditos, de temática libre, non poderán ser adaptacións nin ter sido premiados noutro certame no momento da decisión do xurado. Estarán escritos en lingua galega, de acordo coas Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galegoda Real Academia Galega e do Instituto da Lingua Galega (NOMIG, 2003).     

2.- Cada traballo consistirá nun ou varios textos poéticos, cunha extensión non inferior a 300 versos con unidade temática.     

3.- Os traballos presentaranse por quintuplicado, mecanografados a dobre espazo, con letra Times New Roman e corpo 12 nun sobre pechado identificado co lema, alcume, pseudónimo ou o título elixido polo autor/a.Así mesmo, dentro deste sobre, xunto cos traballos incluirase outro sobre pechado identificado co devandito lema, título..., que conterá os datos persoais (nome, apelidos, copia de DNI, teléfono de contacto e enderezo electrónico. O xurado só o abrirá no caso de ser premiado.    
Os traballos enviaranse por correo ao seguinte enderezo:                
Apartado 30      
36380 Gondomar (Pontevedra)     

4.- O prazo de admisión de orixinais comezará cando se faga pública esta convocatoria e rematará o día 31 de xullo de 2019.     
5.- Os traballos presentados conservaranse durante un mes a partir da data de publicación da resolución do xurado, período durante o cal poderán recollerse no local do IEM en Gondomar. Transcorrido ese prazo destruiranse os que non fosen solicitados polos seus autores ou autoras.     
6.- O xurado estará constituído por persoas de recoñecido prestixio no ámbito literario.     
7.- A obra premiada publicarase polo IEM na Colección Victoriano Taibo e non xerará dereitos de autor durante os primeiros 1500 exemplares editados. A publicación non pode superar o máximo de 250 páxinas.     
8.- O premio outorgado será único e indivisible. O xurado poderá declaralo deserto se estima que a calidade das obras presentadas así o aconsella.     
9.- Calquera incidencia non prevista nesta convocatoria será resolta polo xurado.     
10.- O feito de participar supón a aceptación destas bases.        

 O Premio de poesía Victoriano Taibo recoñeceu até o de agora a obras das seguintes escritoras e escritores:   
•      2008: Carlos Negro con Cultivos Transxénicos,
    2009: Mª Carmen Caramés con Cuarto Minguante e Elvira Riveiro e Silvia Penas con Biografía da Multitude 
•      2010: Mª Goretti Fariña con Devastacións dispoñibles 
•      2011: Calros Solla con Holocausto Zacoe
•      2012: Conchita Álvarez Lebredo con Distancias e Simetrías 
•      2013: Ramón Sandoval con Territorios Estraños 
•      2014: Lara Rozados con O caderno amarelo 
•      2015: Iñaki Varela con Do outro lado das portas 
•      2016: Xosé Iglesias con A relixión do mar 
•      2017: Rafa Vilar con Erosións 
•      2018: Laura R. Cuba conA situación actual.   

 O IEM e o Concello de Gondomar queren, a través deste premio, enxalzar a figura de Victoriano Taibo, escritor e mestre na parroquia de Morgadáns, e contribuír ao crecemento da literatura na nosa lingua, convertendo Gondomar e este premio nunha cita imprescindíbel para as Letras galegas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario