FÚTBOL
O Tomiño F. C. Feminino xógase o título de Campión de Liga
Este domingo, ás 17:00 horas no Campo do Alivio
Infogauda / Tomiño
O Tomiño F.C. Feminino xoga o vindeiro domingo día 14 de abril, ás 17:00 horas, no Campo do Alivio contra o Atlántida Matamá “B”, un encontro decisivo, xa que de gañar, converteríase en Campión de Liga 2ª División. Esta ansiada victoria permitiríalle enfrontar cunha maior marxe de tempo a fase de ascenso.
Compre salientar que neste encontro a entrada libre e gratuita.
As capitanas do equipo tomiñés, Sara Álvarez, Miriam Estévez, Ánxela Fernández e Lucía Guerner, explican no convite enviado ao Concello, que conseguir o mencionado triunfo suporía “unha recompensa á regularidade dunha tempada chea de traballo, ilusión e sacrificio, nun deporte “rey” coma o fútbol, que cada vez máis mulleres practicamos en Tomiño”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario