16 de abr. de 2019

DEPORTES

ATLETISMO

O GUARDÉS MIGUEL VIDAL ALONSO COMPLETOU SEU QUINTO MARATÓN

Foi no día de onte en Boston (EE.UU.)


Miguel Vidal Alonso, coa bandeira de A Guarda, nun hotel de Boston (EE.UU.), logo de rematar súa quinta marathón



Infogauda / Deportes     

 O atleta Miguel Vidal Alonso, de 52 anos de edade, natural de A Guarda, e residente en Sant Vicenç de Montalt (Barcelona), ven de participar este luns día 15 de abril - data na que se celebrou o Patriots Day (Día dos patriotas), no estado de Massachusetts-, no 122º Maratón de Boston (EE.UU.), organizado pola Boston Athletic Association.   

   O Maratón de Boston vénse celebrando desde 1897, sendo coñecido como á carreira - desa distancia - máis antiga e máis importante do mundo, e xunto con New York, Chicago, Berlín, London e Tokio, forma parte das seis probas que configuran o Word Marathon Majors.

 Na edición deste ano participaron 38.708 atletas.

 Os vencedores absolutos nesta ocasión foron: En varons,  o keniata Lawrence Cherono, cun rexistro de 2:07:57, e en féminas, a etíope Worknesh Degefa, cun tempo de 2:23:31. 

 Miguel Vidal Alonso, que correu co dorsal 31202, fixo os seguintes rexistros oficiais:









5k10k 15k 20k Half 25k 30k 35k 40k
0:26:10 0:52:49 1:18:59 1:47:14 1:53:09 2:19:38 2:55:39 3:36:52 4:17:29
Finish: Pace Proj. Time Offl. Time Overall Gender Division
0:10:22 4:31:40 21620 12379 1585





























 Dese xeito o atleta Miguel Vidal Alonso completou seu quinto maratón, e nesta ocasión fixo un crono de 4:31:40, acadando o posto nº 21.510 da clasificación xeral; o posto nº 12.379 do seu xénero e o posto 1.585 da súa división.

  Como é costume nel, logo de rematar esa proba de resistencia, amosou unha bandeira co escudo de A Guarda, que sempre leva consigo.




















Ningún comentario:

Publicar un comentario