23 de abr. de 2019

COOPERACIÓN

A Xunta de Galicia reafirma o seu compromiso coa cooperación transfronteiriza da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal  

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na presentación do Anuario que dá conta das actividades realizadas a ambos lados da fronteira en 2018


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, coa vicepresidenta da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal (CCDR-N), Ester Gomes da Silva e o presidente da Câmara Municipal de Valença do Minho, Jorge Mendes
Foto: X.G.

Infogauda / Valença do Minho

 O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, reafirmou hoxe o compromiso da Administración autonómica por seguir afianzando e renovando a cooperación transfronteiriza da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.  

 Así o salientou hoxe durante a súa participación na presentación do Anuario da Eurorrexión correspondente a 2018. No acto estivo acompañado polo director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo; pola directora xeral da Administración Local, Marta Fernández-Tapias; e pola vicepresidenta da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal (CCDR-N), Ester Gomes da Silva.  

 A cooperación entre ambas rexións ten achegado nos últimos anos beneficios a ambos lados da fronteira e constitúe un dos exemplos de cooperación transfronteiriza máis importante de Europa. Ambas rexións teñen desenvolvido conxuntamente iniciativas como o Iacobus, programa de intercambio académico; cimeiras e visitas para abordar temas de interese para ambas rexións; ou o desenvolvemento de proxectos conxuntos no marco do POCTEP.

Ningún comentario:

Publicar un comentario