17 de abr. de 2019

CAMINHA

Antonio Lomba Baz defende unha actuación definitiva no litoral da Lamiña 

Na Comisión Permanente Internacional do Río Miño (CPIRM)


O alcalde de A Guarda - a dereita da imaxe - na sesión ordinaria da Comisión Permanente Internacional do Río Miño (CPIRM)

Infogauda / Caminha

 O executivo municipal do Concello de A Guarda (Pontevedra), deu a coñecer no día de hoxe que o alcalde Antonio Lomba Baz, asistiu onte martes día 16 de abril á unha sesión ordinaria da Comisión Permanente Internacional do Río Miño (CPIRM), que tivo lugar na Câmara Municipal de Caminha. Como é habitual, nesta comisión tratáronse temas referentes á explotación e conservación do Río Miño. Neste caso abordouse a modificación do Regulamento de Pesca, de caza e unha nova proposta do Regulamento de Náutica e Recreo, entre outros temas. 


Os participantes na sesión ordinaria da Comisión Permanente Internacional do Río Miño (CPIRM) na Praça Conselheiro Silva Torres (Terreiro), de Caminha

 Algunhas das cuestións tratadas remitiranse á Comisión Internacional de Límites entre España e Portugal, que se celebrará o vindeiro 24 de abril. Esta comisión é un órgano colexiado do Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación.

UN DIQUE-ESCOLLEIRA PARA FREAR Á EROSIÓN NA PRAIA DA LAMIÑA

  No decurso da reunión, o alcalde de A Guarda puxo en coñecemento da CPIRM o problema de erosión do litoral que estáse producindo na praia da Lamiña (Camposancos), e informou xunto co Xefe de Costas de Pontevedra, das xestións realizadas ata o momento, incidindo sobre a consideración de emerxencia que ten o problema dende o punto de vista municipal. O alcalde explicou tamén a postura do concello guardés en relación a futuras actuacións para a consolidación e rexeneración da praia, indicando que por parte do concello estímase que a construcción dun dique-escolleira, proposta polo Centro de Estudios y Experimentación de Obras Públicas (CEDEX), con sede en Madrid, sería a máis conveniente como solución definitiva a este problema puntual. 

 A Comisión decidiu trasladar a cuestión demandada polo alcalde á próxima Comisión de Límites, dado que dende o punto de vista da perda de territorio pode afectar a unha modificación da fronteira no caso de non actuar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario