ANA PASTOR E O CANDIDATO Á ALCALDÍA DE CALDAS DE REIS, FERNANDO PÉREZ, VISITAN A EMPRESA CLAVO
Ana Pastor, candidata número un da lista do PP de Pontevedra ao Congreso, na súa visita de hoxe á empresa Clavo
Infogauda / Caldas de Reis
A candidata número un da lista do PP de Pontevedra ao Congreso, Ana Pastor, considera “moi importante” que as administracións “nos adiquemos a facilitar a actividade” de empresas como Clavo, que xeneran mais de 350 postos de traballo en Caldas de Reis e que teñen “un enorme potencial de crecemento”. “Un crecemento que nace de Galicia, pero que leva os seus productos ao conxunto de España”, engadiu.
Durante unha visita a Clavo Food Factory, empresa especializada na elaboración, fabricación e comercializacion de productos alimenticios conxelados, na que estivo acompañada pola candidata dos populares ao Senado, Pilar Rojo, e polo candidato do PP á Alcaldía de Caldas, Fernando Pérez, Ana Pastor incidiu en que as empresas de Pontevedra teñen “unha enorme proxección nacional e internacional, pero hai que deixar de poñerlles trabas e ofrecer facilidades para a súa expansión”. “Esto se traducirá inmediatamente en mais empregos para os galegos”, afirmou.

Ningún comentario:
Publicar un comentario