1 de abr. de 2019

BUXÁN (A GUARDA)

FESTAS DA PASCUA EN BUXÁN








Ricardo Rodríguez Vicente / Buxán

  Co ánemo renovado e co lema ben claro - A tradición continúa - unha representación da mocidade de Buxán ven traballando para organizar ás festas da Pascua. 

 Cunha programación para tódalas idades, as actividades comezarán o sábado día 13 de abril, ás 22:00 horas na Praza de Buxán, co XII Serán que nesta edición contará coa actuación do grupo Vidueiro Verde.

 O recinto da festa estará cuberto cunha carpa e haberá servizo de cantina.

 O sábado 19 de abril, ás 18:00 horas, no Estadio Municipal A Sangriña disputarase un encontro de fútbol entre Casados e Solteiros.

  O sábado día 20 de abril, desde ás 11:00 horas, xogos populares (lanzamento a aixada, as mazás, a rá, carreira de culler e ovo) para nenos, con inscricións de balde uns minutos antes de dar comezo.

 Ese mesmo día, ás 16:00 horas, xogos populares (lanzamento a aixada, as mazás, a rá, carreira de culler e ovo, pau enceirado co xamón arriba) para maiores, tamén con inscricións de balde uns minutos antes de dar comezo.

 Os premios serán os seguintes: 

1º premio lanzamento de aixada: unha porca.
2º premio lanzamento de aixada: un xamón.
1º e 2º premio resto de xogos: lacón e queixo.

 A partires das 23:00 horas, gran verbena amenizada por América e Magical.

 O domingo día 21, ás 9:00 horas, unha salva de foguetes dará comezo a outro día de festa.

 Durante a mañá, pasacalles co grupo Airiños do Folón.

 Desde ás 11:00 horas e ao longo de todo o día, celebrarase a prezos populares a XXII Gran Zorzada.

 As 16:00 horas, concurso e degustación na XXII Festa do Biscoito, con premios para o 1º, 2º e 3º clasificados, e tamén para o máis orixinal.

 Ao longo da tarde inchables para os nenos e ás 19:30 horas. Atardecer Folk co grupo Na Revolta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario