Alumnos do CIFP Manuel Antonio encheron de cor e sabor a Praza de Abastos da vila co «Degusta Europa»
O alcalde Antonio Lomba Baz, coa deputada provincial Montserrat Magallanes Álvarez e o 1º tenente de alcalde Miguel Ángel Español Otero, diante das diferentes tapas e bebidas elaboradas polos alumnos dos centros Manuel
Antonio, de Vigo, e Carlos Oroza, de Pontevedra
Fotos: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O programa Degusta Europa, promovido pola Deputación de Pontevedra, chegou á Praza de Abastos de A Guarda na mañá deste xoves día 11 de abril coas elaboracións realizadas polos alumnos do CIFP Manuel Antonio de Vigo.
Esta experiencia con degustacións culinarias en distintos mercados da provincia, naceu en 2016 con motivo do Día de Europa, que conmemora os principais valores da UE: a paz, a estabilidade, a solidariedade e a unidade do continente. A Deputación de Pontevedra defende a súa necesaria reivindicación para manter o proxecto europeo común e, ao mesmo tempo, revalorizar a gastronomía e impulsar os mercados provinciais e a materia prima da provincia de Pontevedra.
A través de Degusta Europa preténdese promover e potenciar o local e autóctono: os mercados municipais e os excelentes produtos da nosa terra, que se deben converter tamén nun polo de atracción para as e os turistas. Este programa dá a coñecer, ademais, o labor do alumnado de dúas das escolas de hostalería máis importantes da nosa provincia: os centros Manuel Antonio, de Vigo, e Carlos Oroza, de Pontevedra.
Este
programa dá a coñecer, ademais, o labor do alumnado de dúas das escolas
de hostalería máis importantes da nosa provincia: os centros Manuel
Antonio, de Vigo, e Carlos Oroza, de Pontevedra
Este ano Degusta Europa está vinculado á campaña "Fame de experiencias?", que potencia a enogastronomía; pretende, como cada ano, dinamizar os mercados municipais dándolles un toque de innovación e vangarda. En todas as actividades o alumnado dos dous centros traballará con produtos das nosas rías e da nosa terra para elaborar unha serie de tapas inspiradas na temática europea.
A deputada provincial, Montserrat Magallanes Álvarez, valorou esta experiencia como moi importante para potenciar e por en valor os mercados e prazas de abastos da Provincia de Pontevedra. Pola súa banda, o alcalde Antonio Lomba Baz, destacou o bo facer e a profesionalidade nas diferentes tapas e bebidas elaboradas, unha mostra do potencial destes alumnos, que pasarán proximamente a formar parte do sector hostaleiro e gastronómico galego.

Ningún comentario:
Publicar un comentario