Asociación Érguete Baixo Miño
CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE SOCIOS/AS ANO 2019
Asociación Érguete Baixo Miño / A Guarda
Dende a Asociación Érguete Baixo Miño, convocamos
a todos/as os/as socios/as da Asociación Érguete Baixo Miño, á Asemblea Xeral Ordinaria que terá lugar
o VENRES día 10 de maio de 2019; ás 19:00 horas en 1ª convocatoria e ás
19:30 horas en 2ª convocatoria, no local social situado na rúa Colón, 20
(Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda e que contará co seguinte
ORDE
DO DÍA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA:
1º
Lectura e aprobación se procede da acta anterior.
2º
Presentación do Estado de Contas.
3º
Presentación da Memoria de Actividades 2018 e Programa para o 2019.
4º
Rogos e preguntas.
Para
calquera dúbida, contactar por vía telefónica/fax 986 61 44 07, no local da
Asociación (r/Colón, 20 –Edif. O Pescador 1º piso- A Guarda, Pontevedra) ou por
correo electrónico (info@erguete.org)
Xunta Directiva

Ningún comentario:
Publicar un comentario