29 de abr. de 2019

A GUARDA

CULTURA

Dúas obras de teatro para comezar o mes de maio na vila

· O venres día 3, ás 21:00 horas, o Centro Cultural acollerá a representación teatral de «La Compañera de piso» 

· E o sábado día 4, ás 17:30 horas a obra de teatro para público infantil e familiar «Bon Appétit»
 
A imaxe corresponde a obra de teatro «La Compañera de piso»
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda


 A Concellería de Cultura do Concello de A Guarda programa para a primeira fin de semana do mes de maio dúas obras de teatro, unha para todas as idades e outra para público infantil e familiar


 O venres día 3 de maio, ás 21:00 horas, o Centro Cultural acollerá a representación teatral de «La Compañera de piso», unha obra de teatro da compañía Contraproducións. 

 Contraproducións presenta a primeira adaptación fora dos escenarios norteamericanos en co-produción co Centro Dramático Galego.

 A obra «La compañera de piso», de Jen Silverman, xa ten sido representada con éxito por varias compañías nos Estados Unidos, destacada pola crítica americana coma unha mistura de “Thelma & Louise”, “A estraña parella” e “Breaking Bad”

 Entrada de balde ata completar o aforo previa retirada de tickets dende o 30 de abril no Centro Cultural. 

TEATRO PARA PÚBLICO INFANTIL E FAMILIAR

 O sábado día 4 de maio ás 17:30 horas o Centro Cultural acolle a obra de teatro para público infantil e familiar «Bon appétit»

 Explosións, tortazos, persecucións, sustos, malos entendidos,….ingredientes para unha comedia total en clave de clown. 

 Antuá de la Sardiní, Philip de Toucignom e Fransuá de la Berenxem son tres chefs que nos van amosar os segredos da cociña galega seguindo o prestixioso libro de receitas A Cociña Galega, de Álvaro Cunqueiro.

 “A cociña é arte, a expresión cultural que un pobo desenvolve ao longo do tempo”. Unha comedia onde a cociña tradicional galega é o condimento perfecto para escachar de risa, na que o sinxelo pode ser tremendamente difícil e o divertido pode ser moi perigoso. 

 Entrada de balde ata completar aforo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario