A Agrupación Musical do Rosal ofrece o Concerto de Primavera
O domingo 31 ás 18:30 horas, no Auditorio do Rosal
Agrupación Musical do Rosal / O Rosal
O domingo 31 ás 18:30 h. a Agrupación Musical do Rosal volve os escenarios co Concerto de Primavera. Desta vez actuará acompañados do Coro da Escola de Música e da Banda Infantil.
Abrirá este concerto a Banda Infantil dirixida por Celso Diego. A continuación tocaralle o turno a Agrupación Musical do Rosal baixo a batuta de José Javier Bascoy, que ten preparado un repertorio integramente galego, que abarca dende autores "de sempre" como García Rey ata outros contemporáneos como Antón Alcalde ou Carlos Rodríguez. Na recta final do concerto o coro dos nenos da nosa escola poñerán voz a unha selección de temas de "Fuxan os Ventos" en arranxos de Carlos Seráns.
Para asistir será necesario recoller invitación gratuíta na oficina do Auditorio Municipal, ata completar aforo. Tamén se pode facer a reserva nos teléfonos 986 626 311 ou 609 866 792.
Ningún comentario:
Publicar un comentario