25 de mar. de 2019

A GUARDA

CULTURA

A Biblioteca Pública Municipal despide o mes de marzo con Contos Contados 

Infogauda / A Guarda

 A Biblioteca Pública Municipal de A Guarda despide o mes de marzo cunha nova sesión de Contos Contados que terá lugar o vindeiro sábado día 30 de marzo ás 11:30 horas. Neste caso con “Contos de Estación”, por “Donde viven los cuentos”, unha actividade enmarcada no programa PonteGal da Deputación de Pontevedra. 

 Trátase dun Conta contos interactivo que, tomando como referencia a estación do ano, acercaranos aos elementos propios da época, permitindo a estimulación sensorial ó tempo que gozarase dos contos. 

 Partindo dun escenario no chan que representa un entorno da natureza, un rato realiza unha emocionante viaxe na que se narra, a través de varios contos, a aventura que vive e o agasallo que recibe por axudar ós demais. Cada conto vai asociado a unha actividade: 

 Ao final o rato emprega todos os agasallos para facer algo moi especial! 

 Dende o Departamento de Cultura convídase unha vez máis a asistir a esta actividade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario