25 de mar. de 2019

TURISMO

Tomiño estará na presentación da marca turística Río Miño 

A Deputación de Pontevedra e a CIM do Alto Minho presentarán a marca no parador de Tui o día 30 de marzo  



Infogauda / Tomiño

O  Concello de Tomiño asistirá á presentación da marca turística Río Miño, organizada pola Deputación de Pontevedra e a CIM Alto Minho, o vindeiro sábado 30 de marzo, ás 12.15 horas, no parador de Tui.  

 A creación dunha marca común para o territorio do Río Miño Transfronteirizo é unha das principais accións do proxecto de cooperación europea Visit Río Miño.  

 Programa do acto:  
12.15h Recepción das/os asistentes.  
12.30h Desenvolvemento do acto.  
13.30h Cóctel e actuación musical.

Ningún comentario:

Publicar un comentario