6 de mar. de 2019

MOVEMENTOS SOCIAIS

Coincidindo coa folga de mulleres do 8 de Marzo  

A A CIG de Vigo chama a participar nas mobilizacións convocadas

· Haberá unha concentración no farol de Urzaiz ás 12:00 horas e unha manifestación de Galegas 8M pola tarde  
A secretaria das Mulleres da CIG de Vigo, Rosa Chantada, na rolda de prensa de hoxe, presentou as mobilizacións que a central ten convocadas na cidade coincidindo coa folga de mulleres que terá lugar este 8 de Marzo
Foto: CIG

 Infogauda / Vigo

 A secretaria das Mulleres da CIG de Vigo, Rosa Chantada, presentou hoxe as mobilizacións que a central ten convocadas na cidade coincidindo coa folga de mulleres que terá lugar este 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora. Ademais, chamou a participar na manifestación prevista por Galegas 8M dende a praza dos Cabalos ás 20:00 horase que rematará na Porta do Sol.  

 Chantada, que compareceu xunto a Natividad López, técnica do gabinete de Economía da CIG que presentou o informe sobre a situación sociolaboral das mulleres galegas, sinalou que a central convoca unha folga de mulleres de 24 horas para o o 8 de Marzo, xornada na que tarán lugar distintas mobilizacións na cidade.  

 A CIG promove para ese día unha concentración de mulleres no farol de Urzaiz ás 12:00 horas, ademais de chamar a participar na manifestación convocada polo colectivo Galegas 8M, do que a CIG fai parte, que sairá da praza dos Cabalos ás 20:00 horas e rematará na Porta do Sol.

Ningún comentario:

Publicar un comentario