29 de mar. de 2019

MADRID



PREVISIÓN DE ACTOS NA DELEGACIÓN DA XUNTA EN MADRID/CASA DE GALICIA 

PARA A SEMANA DO LUNS 1 AO VENRES 5 DE ABRIL DE 2019





Martes, 2

19:30 horas 

 A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acollerá a inauguración da exposición de fotografía, "MEXILLÓN DE GALICIA”, de  Xurxo Lobato, organizada polo  Consello regulador  do  Mexillón de Galicia co obxectivo de dar a coñecer, en imaxes, este singular molusco e toda a súa contorna, dado que  a  produción en Galicia lidera todos os mercados. 


 A mostra, compóñena medio centenar de imaxes e un audiovisual, ambos realizados por Lobato, e forma parte dun proxecto da Denominación de Orixe Protexida  Mexillón de Galicia para dar a coñecer o selo  Mexillón de Galicia, que representa garantía de calidade e orixe.


 A exposición, que xa puido verse no Museo do Pobo Galego (Santiago); Museo do Mar (Vigo); e o Acuario Finisterrae (A Coruña); chega agora a Madrid coa vocación de seguir un amplo  intinerario pola xeografía nacional e internacional, para difundir e promocionar este produto tan versátil en torno ao que centos de homes e mulleres foron capaces de crear unha próspera actividade.


 Intervirán: o presidente do Consello Regulador da DOP Mexillón de Galicia, Francisco Alcalde García;  e o  autor das fotografías,  Xurxo Lobato.



 A mostra “ MEXILLÓN DE GALICIA” poderá visitarse nas Salas A e B da Casa de Galicia  ata o 30 de abril en horario, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Domingos e festivos: de 10 a 14 horas.



Mércores, 3

14:00 horas 

 Rolda de prensa/presentación do “21 Congreso Nacional de Hospitales y Gestión Sanitaria”, que se celebrará os días 8, 9 e 10 de maio en Santiago de Compostela. Este encontro, que se organiza cada dous anos, ten previsto reunir na capital galega a máis  de 2.000 directivos e xestores sanitarios; e nesta edición leva por título “Innovación: camiño da sustentabilidade”, dado que “a innovación, -terapéutica, tecnolóxica e en xestión sanitaria-,  é o motor que necesita o modelo sanitario para impulsar a súa transformación”.


 Trataranse temas como: “O papel do directivo de saúde na innovación”; “Áreas prioritarias en innovación”; ”Retos en innovación no modelo asistencial, cronicidade, modelos de xestión, xestión de profesionais, relación cos pacientes e os profesionais e a humanización”... Tamén darán a coñecer os resultados da Sondaxe, contido científico e novidades do Congreso.


 Intervirán: o presidente do Congreso, Ramón Ares Rico; o presidente da Sociedade Española de Directivos da Saúde (SEDISA), Joaquín Estévez Lucas;  e o presidente da Asociación Nacional de Directivos de Enfermería (ANDE), Jesús Sanz  Villorejo.

 Para acudir, é preciso confirmar asistencia no correo:  direccion.tecnica@sedisa.net

 Mércoles, 3 
16:30 horas 

 Presentación “21 Congreso Nacional de Hospitais e Xestión Sanitaria”, que se celebrará os días 8, 9 y 10 de maio en Santiago de Compostela. Neste acto, os mesmos intervinientes darán a coñecer a misma información pero tamén para directivos, persoal sanitario, medios que o desexen  e é aberto ao público en xeral.

Ningún comentario:

Publicar un comentario