15 de mar. de 2019

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

"PLANTA UNHA ÁRBORE, PLANTA FUTURO"

· Ese é o lema que a Comunidade de Montes de Camposancos impulsa entre os centros educativos


Alumnado do Colexio PP. Somascos, participando activamente na plantación de árbores nobles na aba do Monte Santa Trega, correspondente á Camposancos
Fotos: C.MM.VV.M.C. Camposancos 

Infogauda / Camposancos 

 A Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, o abeiro do programa da Deputación de Pontevedra para creación de parques forestais segue traballando na erradicación de especies invasoras, nomeadamente ás acacias, e tamén na reforestación do Monte Santa Trega. O lema da xunta rectora é planta unha árbore, planta futuro”. E así estáno impulsando entre os centros educativos.


José Fernando Martínez Martínez - no centro da imaxe -, presidente da xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, no decurso da plantación de onte

 “Hoxe [por onte día 14 de marzo], foron os alumnos de 5º de Primaria e os de 1º de Infantil do Colexio PP. Somascos de A Guarda, acompañados polos seus tutores os que encargáronse de plantar 100 árbores mais: 50 oliveiras e 50 sobreiras, dixo agradecido, José Fernando Martínez Martínez, presidente da xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos. 


 Vista dos alumnos e tutores que participaron na plantación

  Esta vez plantáronse nas fallas das plantacións de anos anteriores. Con esta plantación de hoxe [por onte xoves] sumada as que xa fixeron outros colexios e os seis empregados da Comunidade de Montes sumamos 1.200 árbores autóctonos mais o Trega, que sumados os 1.000 da tempada 2017 - 2018 e os outros 1.000 da tempada 2016 - 2017, totalizan 3.300 árbores, o que supón haber eliminado milleiros de acacias e centos de eucaliptos, relembra o portavoz dos comuneiros de Camposancos. 

 Cando en marzo do 2016 fixémonos cargo da dirección da Comunidade os compañeiros comprometémonos a facer do Trega un parque semi-urbano e en tres anos aí está o labor de futuro, conclúe José Fernando Martínez.

Ningún comentario:

Publicar un comentario