Alfonso Rueda confía no proxecto renovador, integrador e moderado de Ángel Rodal e o seu equipo para revalidar a Alcaldía
Infogauda / Baiona
O proxecto renovador, integrador e moderado de Ángel Rodal e o seu equipo “son a mellor garantía para o futuro de Baiona”, onde o Partido Popular confía en revalidar á Alcaldía nas eleccións do vindeiro 26 de maio.
Así o manifestou esta tarde o presidente provincial do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, durante a presentación de Ángel Rodal e o seu equipo que tivo lugar no Auditorio V Centenario. Alí, puxo en valor o traballo levado a cabo durante os últimos catro anos no Concello desta localidade, marcado pola cercanía aos veciños e a xestión eficaz de Rodal, que continuou a “magnífica labor” do seu predecesor, Jesús Vázquez Almuiña.
O líder provincial do PP afirmou que os populares van sair a gañar tanto nas eleccións xerais do 28 de abril como nas municipais do 26 de maio. Para elo “contamos cos mellores equipos”, dixo. Candidaturas que aúnan experiencia e renovación, que teñen vocación de goberno e presentando proxectos “viables e realistas”.
Finalmente, Rueda destacou a unidade do Partido Popular frente as liortas doutras formacións, incidindo en que “mentras outros aínda andan buscando candidatos e nin siquera teñen programa, nos xa levamos tempo traballando para aportar solución e respostas para á provincia”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario