DEPORTES
Baixo Miño Enduro Experience
Domingo día 7 de abril, ás 8:30h dende a Alameda
A Guarda prepárase para acoller o vindeiro domingo día 7 de abril a “Baixo Miño Enduro Experience”, a primeira proba de Enduro da zona, modalidade na que combínase a habilidade técnica do DH (Descenso) e a resistencia física do XC (Rally).
Durante o percorrido os participantes terán que superar desniveis considerables, alternando tramos de enlace con tramos cronometrados entre as localidades de A Guarda e O Rosal.
A “Baixo Miño Enduro Experience” é unha proba puntuable no Open de Galicia de Enduro e ten a particularidade de ter 5 tramos cronometrados cun percorrido que realizarase nun entorno idílico para a práctica da disciplina de Enduro, cunhas paisaxes espectaculares co río Miño, a Costa e o porto de A Guarda, o poboado castrexo do Monte Santa Trega, O Rosal e os seus viñedos e a desembocadura do Miño.
Os participantes sairán ás 8:30 horas dende a Alameda (*) para dirixirse ata o Monte Terroso, onde realizarán os primeiros tres tramos cronometrados. Dende alí desprazaranse ata o Monte Santa Trega, onde realizarán os seguintes dous tramos cronometrados, rematando na Praza de San Bieito, onde terá lugar a entrega de premios.
Agárdase unha participación que podería roldar os 200 participantes.
(*) Nota da Redacción de Infogauda:
A diferencia da previsión inicial que fóranos comunicada con anterioridade, indicando que a saída tería lugar desde a Praza de San Bieito; no día de hoxe, martes 26 de marzo de 2019, o Concello de A Guarda comunícanos que “(...) a saída será finalmente dende a Alameda da Guarda”.
(*) Nota da Redacción de Infogauda:
A diferencia da previsión inicial que fóranos comunicada con anterioridade, indicando que a saída tería lugar desde a Praza de San Bieito; no día de hoxe, martes 26 de marzo de 2019, o Concello de A Guarda comunícanos que “(...) a saída será finalmente dende a Alameda da Guarda”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario