30 de mar. de 2019

A GUARDA

 SANIDADE

VECIÑOS DE A GUARDA, OIA E O ROSAL SAIRON NOVAMENTE Á RÚA

· En demanda de máis médicos no Servizo de Urxencias e máis medios de diagnose no Centro de Saúde de A Guarda
 
Cabeceira da manifestación á altura do Paseo de Portugal, a punto de chegar o Centro de Saúde de A Guarda
Fotos: Infogauda

Infogauda / A Guarda


 Respostando á convocatoria feita por Gestión Democrática A Guarda, formación liderada por Xermán Cordero Verde, este sábado día 30 de marzo de 2019, unha representación dos veciños de A Guarda, Oia e O Rosal, sairon á rúa para recramar máis médicos no servizo de Urxencias de A Guarda.

 Precedidos por unha pancarta co texto POR MÁIS MÉDICOS EN URXENCIAS, minutos despois das 11:30 horas, un grupo de veciños sairon da Praza do Reló, para percorrer o seguinte itinerario: rúa Cervantes, Praza de Joaquín Alonso (Praza Nova), Rúa Vicente Sobrino, Rúa de Galicia, Rúa Baiona, Rúa Rosalía de Castro e Paseo de Portugal.

 Durante o percorrido efectuado - coa coordinación do tráfego rodado, por efectivos da Policía Local de A Guarda, e na parte posterior da manifestación por un vehículo e dous axentes da Garda Civil -, os veciños foron coreando varias consignas. Entre elas, ás seguintes: Queremos máis médicos no Servizo de Urxencias; Como está á cousa? A cousa está fatal!; Únete pobo, a Sanidade é de todos; Coa Sanidade non se xoga;Xunta escoita, A Guarda está en loita; Queremos máis médicos, para A Guarda”; A Guarda unida, xamáis será vencida.

Intervención de Xermán Cordero Verde, na concentración dos veciños diante do Centro de Saúde de A Guarda


  O longo do percorrido varias persoas fóronse sumando á manifestación, a cal rematou cunha concentración diante do Centro de Saúde.  Unha vez alí, Xermán Cordero Verde fixo un resumo da situación que afecta a tódolos usuarios do devandito Centro de Saúde e Punto de Atención Continuada (PAC) de A Guarda, amosando públicamente súa crítica a Xunta de Galicia, e o conselleiro de Sanidade Jesús Vázquez Almuiña. “(...) Parez mentira que sexa médico e haxa sido alcalde da vila de Baiona, e non atenda ás demandas que en materia sanitaria lle facemos desde A Guarda (...), dixo Xermán Cordero.

AMBULANCIA MEDICALIZADA, MÁIS MÉDICOS NO SERVIZO DE URXENCIAS E MÁIS MEDIOS DE DIAGNOSE, CENTRARON ÁS REIVINDICACIONS DOS USUARIOS

  “(...) A Guarda - engadiu Cordero - necesita unha ambulancia medicalizada e máis médicos no Servizo de Urxencias. Queremos que o conselleiro de Sanidade se digne vir ata A Guarda para que coñeza de primeira mán cales son ás carencias que temos. No Centro de Saúde non temos equipo de Raios X, nin de ecografías, motivo polo cal os pacientes temos que desprazarnos a Tui para que nos fagan unha placa, ou a Vigo para unha ecografía.

 Na Guarda hai equipos de Raios X e de ecografías, pero na sanidade privada. Soio é necesario que se faga un convenio coa clínica local e asunto resolto (...)”. Esas afirmacións foron acollidas con aplausos dos máis dun centenar de veciños participantes na mobilización.

  O portavoz de Gestión Democrática A Guarda agradeceu á asistencia de veciños de Oia e do Rosal, e por suposto de A Guarda, o tempo que foi crítico coa non asistencia do rexedor guardés. (...) O alcalde de A Guarda é o primeiro que tiña que estar eiquí e non preocuparse soio de cobrar a fin de mes (...)”, dixo Xermán Cordero, quen agradeceu que unha concelleira (Mª Mercedes Martínez Vázquez) do BNG, voltase a  secundar este tipo de mobilizacións.

 Arredor das 12:00 horas, e sen que se rexistrase ningún tipo de incidente, daríase por rematada a manifestación, non sen antes informar dunha próxima convocatoria a finais do vindeiro mes de abril.

 En decraracións a un redactor deste xornal dixital, varios veciños de A Guarda comentaron que fai anos, cando as consultas médicas estaban no antigo Centro Sanitario da vila, A Guarda contaba con servizo de Raios X, afirmación que persoalmente cónstanos, por haber sido usuarios dese servizo, cando éramos escolares; como tamén - segundo referiunos un pensionista do rexíme especial do Mar - houbo ese servizo estando a Casa do Mar emprazada na Casa do Pescador, en Chan de Conde. 

 Dese xeito - segundo afirmaron a Infogauda varias persoas -, todo indica que a día de hoxe, en pleno séxulo XXI non hai xustificación para que o Centro de Saúde de A Guarda non dispoña de servizo de radioloxía nin de ecografía, que son, entre outras, como xa indicamos, dúas das reivindicacións dos usuarios da nosa vila e súa contorna, alguns dos cales saben que para lles fagan unha ecografía teñen que agardar ata cinco meses, e desprazarse o hospital Álvaro Cunqueiro

 Iso é un total despropósito e un notorio perxuizo para os pacientes, tanto a nivel da súa saúde, como no tocante a súa economía doméstica.

Ningún comentario:

Publicar un comentario