7 de mar. de 2019

A GUARDA

O BNG denuncia as condicións deplorábeis de usuarios e persoal de servizos sociais da Guarda   

Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda: “A este tipo de inversións referíase o BNG cando os demais grupos políticos decidiron malgastar case 300.000 € na innecesaria compra de Fínola”  
Ángel Luiz Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda

Infogauda / A Guarda

 O BNG denuncia as condicións deplorábeis que usuarios e usuarias, así como o persoal técnico de servizos sociais están a padecer no Concello da Guarda. Dese xeito pronúnciase Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG, quen a súa vez engade: “O BNG despois de ter visitado as instalacións puido observar arquivadores rotos, móbeis de oficina “reciclados” en pésimo estado, espazos sen ventilación, escasa ou ningunha luz natural, falta de privacidade e unha “sala de espera” de 4 metros cadrados e porta aberta. Esta é a realidade que padecen as persoas usuarias e traballadoras dos servizos sociais da Guarda 

 “Esta é unha situación deplorable pola que atravesan tamén áreas como a de Turismo e a Policía Local que deixa as claras a realidade paralela na que parece vivir o alcalde e seu equipo de goberno”, afirma o portavoz municipal nacionalista.

 O BNG esixe - engade Ángel Luis Baz Vicente - a recolocación urxente da área de Servizos Sociais, sendo un área tan sensible, cunha gran carga de traballo e que leva demandando durante anos unhas instalacións acordes ao servizo que presta.  

 Para o BNG é incomprensible ver como tendo espazo e posibilidades económicas para facelo, o alcalde negue a excelencia dun servizo tan demandado por guardeses e guardesas.   

 “A este tipo de inversións referíase o BNG cando os demais grupos políticos decidiron malgastar case 300.000 € na innecesaria compra de Fínola”, sinala Ángel Luis Baz.  

 Políticas como esta deixan ás claras a falta de proxecto político e sensibilidade por parte do Alcalde da Guarda cos eidos máis importantes da política municipal”, conclúe o portavoz municipal do BNG.

Ningún comentario:

Publicar un comentario