20 de mar. de 2019

A GUARDA

PATRIMONIO

Retomados os traballos para o estudo da produción de sal na antigüidade na costa guardesa 

· Ao longo das próximas semanas iniciaranse os traballos para a consolidación e restauración das salinas que garantirá a súa apertura definitiva ao público para o desfrute de veciños e visitantes

O alcalde de A Guarda e o concelleiro de Patrimonio, na zoa de Congrido, cos dous técnicos que empregaron o xeoradar na prospección xeofísica
Fotos: C.A.G.

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 “Ao longo da semana pasada realizouse un estudio xeofísico no entorno das salinas romanas do Seixal. Estes traballos leváronse a cabo en colaboración co Centro de Arqueometría da Universidade Complutense. O obxectivo desta actuación  foi a de comprobar a extensión das salinas do Seixal na costa de A Guarda.  Así o ven de informar o executivo municipal do concello guardés.

 Durante a escavación levada a cabo en 2018 descubriuse unha ampla extensión da salina romana, pero púidose comprobar que as estruturas esténdense máis aló da área escavada. 

 Fontes municipais salientaron queo proxecto «A Guarda, Mar de Sal» non se limita á escavación, senón que por medio das últimas tecnoloxías quérese conseguir a imaxe máis ampla e precisa posible da extensión e da morfoloxía destas salinas. Para iso cóntase cun xeoradar, un sistema que permite facer lecturas no subsolo e comprobar a existencia de estruturas arqueolóxicas.  

 Unha vez rematado o proceso de toma de datos, que agora mesmo estanse procesando, confíase, permitan comprender mellor a salina do Seixal

Un técnico facendo un "barrido" co xeoradar preto da zoa escavada en 2018


 Desde o Concello de A Guarda indican igualmente: Ademais dos traballos de prospección xeofísica tamén ampliouse a prospección pola costa de A Guarda. O estudo sistemático da franxa costeira permitiu identificar dúas novas zonas con vestixios de salinas romanas, localizadas no entorno da Cetárea Redonda ou de Pepe Sobrino. 

 Ao longo das próximas semanas iniciaranse os traballos para a consolidación e restauración das salinas que garantirá a súa apertura definitiva ao público para o desfrute de veciños e visitantes

PRIMEIRA REFERENCIA SOBRE ÁS SALINAS ROMANAS NA COSTA DE A GUARDA

 Como xa informamos neste xornal dixital noutras ocasions precedentes, a primeira referencia oral - da que nós temos coñecemento - sobre a existencia de posibles salinas romanas tivémola de Antonio Español Gil veciño do barrio da Castiñeira (O Castro), que en 1978, na zoa de Lamosa,  amosounos unas estruturas pétreas que a marusía había deixado parcialmente á vista nese lugar. De tal xeito, que posteriormente, un grupo de persoas, entre ás cales atópase este cronista, fixemos unha pequena cata superficial, constatando á existencia dun enlousado, con estruturas verticais, duns 15 cm. de altura, formando compartimentos, a xeito de tanques, e mesmo un murete lonxitudinal, na parte visible máis próxima a pleamar. Ese achádego comunicámolo por vía epistolar a Alfredo García Alén, que naquela altura era secretario do Museo de Pontevedra. Posteriormente este cronista fixo prospeccions ao longo da costa dos concellos de A Guarda, O Rosal e Oia, constatando á existencia de máis salinas ao longo de todo o litoral, como tamén acontece na costa do veciño concello de Caminha.

PROXECTO A GUARDA MAR DE SAL

 O proxecto «Mar de Sal» fundaméntase na necesidade de sustentar o desenvolvemento patrimonial sobre un sólido respaldo científico. O estudo rigoroso das paisaxes do sal e a súa posta en valor permitirán crear un recurso patrimonial posto ao servizo da cidadanía.   

 O importe total subvencionado por parte da Consellería do Mar, de acordo co proxecto GALP7-066, é de 74,496,68€, repartidos en dúas anualidades (2018 e 2019).

Ningún comentario:

Publicar un comentario