11 de mar. de 2019

A GUARDA

O Concello de A Guarda celebrou o Desfile-Concurso de Entroido

· O pasado día 9 de marzo, Sábado de Piñata 




 "Verano Azul" gañou o 1º premio de carrozas
Fotos: Infogauda 

Infogauda / A Guarda

 Despois de terse aprazado pola previsión de adverso meteorolóxico do Martes de Entroido, que na tarde dese día confirmaríase como a borrasca "Laura"; a vila de A Guarda acolleu na tarde do pasado día 9 de marzo de 2019 (Sábado de Piñata), o Desfile-Concurso de Entroido.


 "La Voz" gañou o 2º premio de carrozas

 Arredor das 17:30 horas, e tal e como estaba previsto, empezou o Desfile-Concurso de Entroido con saída dende a Esquina Famosa, facendo o seu percorrido pola Rúa Puerto Rico e Rúa Galicia, para chegar finalmente á Alameda.




 Durante o transcurso do desfile - amenizado por unha charanga de xóvenes guardeses e por unha comparsa de piratas - foron moitos os veciños así coma visitantes os que non se quixeron perder esta oportunidade de participar e asistir ao desfile.



 Nesta edición o xurado, composto por representantes da Asociación Fibromiño, Asociación Veciñal O Percamino e Asociación Cultural Rock´n´rolla, valorou a participación nas diferentes categorías atendendo á orixinalidade, posta en escea, elaboración, maquillaxe e música, obtendo a nota final coa suma de todos estes apartados, tal e como figura nas Bases do Concurso.

 Premiados

Categoría Individual infantil:

1.      Lolipop

2.      Supermario Bros

3.      Cenicienta y Rapunzel

4.      Traxe hindú
 Categoría Individual Xuvenil Adulto
1.      Fantasía Rei, Doctor Reina 
2.      Dragón Rojo 
3.      Mikaela Pedroche 
4.      Bender 
    5.      Mérida/brave 
    6.      Fama, la que baila 
Grupos 
1.      Flota de avións 
     2.      Traxe Cordobés 
Carrozas 
1.      Verano Azul 
     2.      La Voz 
Comparsas 
1.      Abba 
2.      Os Firisos

  Dende a Concellería de Cultura agradécese a participación de todas e todas, dando os parabéns aos premiados e premiadas.   

GALERÍA FOTOGRÁFICA

Ningún comentario:

Publicar un comentario