Alfonso Rueda confía en que o traballo dos candidatos de Baiona, Gondomar, Pazos e Nigrán se traduza nun gran resultado o 26-M
Infogauda / Baiona
O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Alfonso Rueda, presentou esta tarde en Baiona aos candidatos do partido nas eleccións do 26 de maio ás Alcaldías de Baiona, Gondomar, Pazos de Borbén e Nigrán.
Na cita, confiou en que o traballo desenvolto por todos eles se traduza nun gran resultado na cita coas urnas e dixo que son “o mellor equipo” para os gobernos da comarca de Vigo e o Baixo Miño.
Son “candidatos gañadores”, dixo Rueda, destacando os seus proxectos integradores a súa capacidade de xestión seria e eficaz para poñerse a traballar polos veciños desde o minuto un.
Neste sentido destacou a unidade e a estabilidade do PP, un partido “recoñecible e que sabe facer ben as cousas” frente a aqueles que ainda non saben si presentarán candidatos ou concurrirán ás eleccións.
O presidente provincial admitiu que as convocatorias do 28 de abril e o 26 de maio suporán “traballar o dobre” pero apelou ao compromiso e a capacidade de esforzo do partido e dos candidatos para sacar un magnífico resultado en ambas citas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario