Segundo afirma o Partido Popular
MOVEMENTO SALCEDA LIMPA OS CRISTAIS DA SÚA SEDE CON DIÑEIRO DO CONCELLO
· O PP de Salceda descobre unha factura no rexistro do Concello co concepto “Limpar Cristal en Local Concello en Parque Aragonta”, localización da sede de Movemento Salceda que encabeza o alcalde, Marcos Besada, e sospeita que este ´modus operandi´ puido facerse con outros servizos
Infogauda / Salceda de Caselas
O PP de Salceda de Caselas está “sorprendido” polo achado no rexistro do Concello dunha factura por servizos prestados a Movemento Salceda, partido do alcalde Marcos Besada. En concreto, na factura reza o concepto “Limpar cristal en local Concello en Parque Aragonta”, localización na que “casualmente” está instalada a oficina de Movemento Salceda. “Isto xa é demasiado descarado, parécenos incrible que o Sr. Alcalde destine fondos públicos para manter a sede do seu partido, non só porque é ilegal senón porque é unha falta de respecto total e unha burla aos veciños”, critica o candidato á Alcaldía, Santiago Rodríguez Davila, quen considera que “este achado casual pode ser un pequeno exemplo do ´modus operandi´ do alcalde para manter os seus ´chiringuitos´ co diñeiro de todos os salcedenses”.
Os populares de Salceda esixen ao rexedor “que explique os veciños que facía esta factura no rexistro do Concello cando se trata dun servizo privado para o seu partido político” e “se isto ocorreu en máis ocasións e con outros gastos de Movemento Salceda sen que ninguén se decatara”. “Podemos pensar que un ´erro´ no concepto da factura sacouno á luz pero cantas facturas deste tipo puideron rexistrarse baixo outro concepto para camuflalas?”, cuestiona Rodríguez Davila.
Preguntado o alcalde por este asunto no último pleno ordinario celebrado o pasado venres 22 de febreiro, Besada evitou responder o PP e limitouse a criticar a pregunta dos populares na que demandaban unha “explicación coherente” que “por suposto non deu, actuando de forma ditatorial e desafiante como é costume na súa xestión diaria e nas sesións de control do goberno local”. “Aínda que só sexan 14,52 €, non podemos deixalo pasar porque o alcalde debe de saber que cada un dos céntimos que xestiona é dos veciños e non do seu particular casarío no que converteu o Concello”, condena Rodríguez Davila.
Ningún comentario:
Publicar un comentario