O colectivo de xubilados/as e pensionistas da CIG organiza unha palestra sobre a situación do sistema público de pensións
Baixo o título 'Situación actual das pensións públicas e o seu desmantelamento. Que pode facer a mocidade?'
Infogauda / Vigo
O colectivo de xubilados/as e pensionistas da CIG organiza unha palestra sobre a situación do sistema público de pensións este mércores 27 de febreiro na Aula 1 da Facultade de Económicas da Universidade de Vigo ás 12:00 horas. A charla, de entrada libre, celébrase en colaboración co sindicato estudantil Erguer baixo o título 'Situación actual das pensións públicas e o seu desmantelamento. Que pode facer a mocidade?' e contará coa intervención de Luís Burgos, técnico confederal da CIG e representante no Consello Económico e Social.
Ningún comentario:
Publicar un comentario