Madrygal réndelle homenaxe á investigadora rosaliana Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda
Valentín García participou en Vigo na presentación da separata desta revista editada polo Centro de Estudos Galegos da Universidade Complutense de Madrid
O novo volume presentouse no marco dunha homenaxe a Rosalía de Castro e á principal investigadora da súa obra, recentemente falecida
Infogauda / Vigo
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García,
participou hoxe ao serán na homenaxe que a Secretaría Xeral de Política
Lingüística, o IES de Mos e o Club de Lectura “Amibros” lle renderon no
Auditorio Municipal de Vigo, tanto a Rosalía de Castro, cuxo nacemento
se celebrará o vindeiro 24 de febreiro, como á que foi, ata o seu
recente pasamento, a maior estudosa da súa vida e obra: Victoria Álvarez
Ruiz de Ojeda. Ao finalizar o acto, os asistentes foron agasallados coa
separata da revista do Centro de Estudos Galegos da Universidade
Complutense de Madrid, Madrygal, Homenaxe á investigadora Victoria
Álvarez Ruiz de Ojeda.
O secretario xeral de Política Lingüística
sinalou que “non é esaxerado afirmar que, se na actualidade sabemos
moito máis da vida de Rosalía de Castro que os nosos inmediatos
antecesores foi grazas ás contribucións de Victoria Álvarez, quen sempre
traballou movida por un amor sincero cara a Rosalía de Castro e mais
por unha tendencia, case natural nela, ao rigor científico e ao traballo
meticuloso”.
Ademais de Valentín García, interviñeron no acto
Xesús Alonso Montero, investigador, académico da lingua e viúvo de
Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda, e Patricia Arias, coordinadora da
separata de Madrygal.
María Álvarez Ruiz de Ojeda
María
Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda (Vigo, 1961-2018) foi unha profesora e
investigadora galega especialista na figura de Rosalía de Castro, pois
realizou importantes achados documentais relacionados coa súa biografía e
publicou numerosos traballos referidos á súa obra. Docente no IES de
Mos, formou parte do padroado das fundacións Rosalía de Castro e Blanco
Amor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario