Un colexio de Ourense e un instituto do Barco de Valdeorras resultan gañadores do concurso do cartel da campaña da Xunta de Galicia para o 8-M, Día Internacional da Muller
No concurso participou alumnado de 5º e 6º de primaria, ESO e Bacharelato, de 117 centros educativos de Galicia
Os carteis gañadores do alumnado de 5 de Primaria ata 2º ESO foron o Colexio Santo Ángel de Ourense, CEIP Pío XII de Santiago de Compostela e o CEE Nosa Señora do Rosario da Coruña
Os gañadores de 3º, 4ª ESO e Bacharelato foron o IES Lauro Olmo de O Barco de Valdeorras, o Colexio Santo Ángel de Ourense e o IES Río Cabe, de Monforte de Lemos
Infogauda / Galicia
A Xunta de Galicia resolveu a convocatoria do
concurso do deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración
do Día Internacional da Muller - 8M-, e no que participou alumnado de
5º e 6º de primaria, de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e de
Bacharelato, cun total de 117 centros educativos de Galicia.
O
obxecto do concurso foi fomentar a promoción da igualdade dentro dos
centros educativos galegos, a través dunha acción que visibilice a
contribución das mulleres nos distintos ámbitos e promova a reflexión
sobre os estereotipos de xénero que aínda existen na sociedade, as
causas e a orixe da discriminación de xénero, así como o camiño que as
mulleres tiveron que percorrer para ver recoñecidos os seus dereitos.
Os
carteis gañadores do alumando de 5º e 6º de educación primaria e 1º,
2º ESO, foron o Colexio Santo Ángel de Ourense, o CEIP Pío XII de
Santiago de Compostela e o CEE Nosa Señora do Rosario da Coruña. Os
carteis gañadores do alumnado pertencente a 3º e 4º ESO e bacharelato,
foron o IES Lauro Olmo de O Barco de Valdeorras, o Colexio Santo Ángel
de Ourense e o IES Río Cabe, de Monforte de Lemos.
Os carteis
gañadores serán adaptados para ser utilizados pola Xunta de Galicia na
conmemoración do Día Internacional da Muller, así como para outras
accións de sensibilización e promoción da Igualdade. O concurso está
financiado grazas ao Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
Ningún comentario:
Publicar un comentario