29 de xan. de 2019

TOMIÑO

SAÚDE

O PROGRAMA DE DETECCIÓN PRECOZ DO CANCRO DE MAMA PON UN TRANSPORTE DE BALDE PARA TODAS AS MULLERES QUE TEÑAN CITA EN VIGO 

O BUS SAE DE TOMIÑO E CHEGA Á UNIDADE DE EXPLORACIÓN MAMOGRÁFICA SITA NA CASA DO MAR, NA RÚA BEIRAMAR, E FAI TAMÉN A VIAXE DE REGRESO 

Casa do Mar de Vigo 

Infogauda / Tomiño

 O Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama pon a disposición de todas as mulleres tomiñesas un sistema de transporte de balde, co fin de facilitarlles o acceso dende o Concello de Tomiño até a Unidade de Exploración Mamográfica, sita na Casa do Mar de Vigo (rúa Beiramar, 51-2ª planta, e tamén a viaxe de regreso.  

 Dependendo da hora que se teña a cita, poderá facerse uso do bus, tendo en conta as paradas e horarios que a continuación se especifican:  
· Goián (diante do Campo de Fútbol): 08.00 e 11.30 horas. 
· Tomiño (aparcadoiro de Servizos Sociais – Antigo Centro de Saúde): 08.10 e 11.40 horas.  
· Currás (diante do Campo de Fútbol): 08.20 e 11.50 horas.

FOTO: paxinasgalegas.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario