18 de xan. de 2019

A PASAXE (CAMPOSANCOS) A GUARDA

ETNOGRAFÍA MARÍTIMA

JAVIER DE LA GÁNDARA SERÁ O PATRÓN DO BOTE VOLANTEIRO DE PIUEIRO

· O prestixioso regatista vigués estivo visitando a empresa Astilleros El Pasaje, S. L., onde  esa embarcación tradicional estáse construíndo de xeito totalmente artesanal


Javier de la Gándara Alonso co presidente, directivos e colabouradores de Piueiro, diante do bote volanteiro que a Asociación Cultural de Embarcacions Tradicionais Piueiro, ten en construcción en Astilleros El Pasaje, de Camposancos (A Guarda)
Fotos: Piueiro

Ricardo Rodríguez Vicente / A Pasaxe (Camposancos)


 O pasado xoves día 17 de xaneiro de 2019, foi para a Asociación Cultural de Embarcacions Tradicionais Piueiro, un deses días especiais, que vai ser relembrado con moito agrado por tódolas persoas que participaron na visita que o regatista Javier de la Gándara Alonso (Vigo, 18 de febreiro de 1959), efectuou a nosa vila.

 Recibido por Joaquín Cadilla Castro, presidente de Piueiro, e por varios directivos desta activa Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais; o prestixioso regatista vigués, pertencente o Monte Real Club de Yates, de Baiona, que posúe no seu brillante palmarés deportivo destacados éxitos en vela cruceiro, e que participou en dúas edicións da volta ao mundo (Whitbread Round the World Race 1989-90, e Whitbread Round the World Race 1993-94); visitou ás instalacions da empresa Astilleros El Pasaje, S. L., de A Pasaxe (Camposancos). Alí pudo comprobar persoalmente como está sendo o proceso construtivo - de xeito totalmente artesanal - do bote volanteiro que estáse desenvolvendo de cara o XIV Encontro de Embarcacions Tradicionais de Galicia que terá lugar na Guarda, do 11 o 14 de xullo deste ano.


Javier de la Gándara Alonso supervisando a estrutura do volanteiro

Javier de la Gándara Alonso comprobou in situ ás características do bote volanteiro que Piueiro ten en construcción na Pasaxe (Camposancos)

Javier de la Gándara Alonso visitou, na compaña de directivos de Piueiro, á exposición Amigos do Mar, que ata o día 20 deste mes pode visitarse na sala de exposicións do Concello do Rosal. A imaxe documenta o intre no que o regatista observa un modelo a escala do bote volanteiro guardés


 Segundo nos indicaron directivos de Piueiro, o día da botadora do bote volanteiro guardés, o patrón desa embarcación será Javier de la Gándara Alonso. Non cabe dúbida que esa acertada decisión terá á correspondente e positiva repercusión, dada a categoría humana e deportiva de Javier de la Gándara. E o mesmo tempo será todo unha honra que haxa aceptado esa nobre invitación.

 A presenza de Javier de la Gándara na nosa vila, motivou que acompañado por varios directivos de Piueiro, visitase a mostra Amigos do Mar, que esta asociación tén - ata o día 20 deste mes - na sala de exposicións do Concello do Rosal. Alí, o regatista pudo comprobar non soio a labor de recolleita de material etnográfico desenvolvida por Piueiro, senón achegarse a un modelo a escala de un bote volanteiro guardés, sobor de cuxas características foi informado por directivos de Piueiro.

 Por todo iso, a de onte foi, como antes dixemos, unha xornada para relembrar gratamente por tódalas persoas que de xeito tan entusiasta están traballando no seo da Asociación Cultural de Embarcacions Tradicionais Piueiro, para que o XIV Encontro de Embarcacions Tradicionais de Galicia sexa todo un éxito.

Ningún comentario:

Publicar un comentario