O Concello agradece a colaboración das asociacións que decoraron as prazas no Nadal
· Os colectivos involucrados foron: San Xerome, Os da Foz, Mulleres Progresistas, Alfombristas da Guarda, Coro Arpegios Cantábile, Studio 88, Xamaraina, Fundación Las Samaritanas, Vento Mareiro, Avelaiña e Piueiro
As concelleiras de Cultura e de Turismo, coas personas que asistiron á entrega duns lotes de produtos típicos
Fotos: C. A. G.
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda fixo entrega na mañá deste martes día 8 de xaneiro duns lotes de produtos típicos ás diferentes asociacións que traballaron e colaboraron na decoración das prazas durante o pasado Nadal na nosa vila.
Mª Elena Baz Rodríguez e Montserrat Magallanes Álvarez
Dende a Concellería de Cultura, Mª Elena Baz Rodríguez destacou que esta colaboración foi esencial para poder contar na Guarda cunha decoración de Nadal, feita con moito traballo, esmero e cariño por parte dos diferentes colectivos involucrados, 11 en total: San Xerome, Os da Foz, Mulleres Progresistas, Alfombristas da Guarda, Coro Arpegios Cantábile, Studio 88, Xamaraina, Fundación Las Samaritanas, Vento Mareiro, Avelaiña e Piueiro.
Sen dúbida un Nadal que non pasou inadvertido, tanto para visitantes como para os veciños e veciñas da vila, que destacaron o bo traballo para engalanar as principais prazas e espazos públicos do municipio
Na mañá deste martes representantes das 11 asociacións participantes en «Decora o teu Nadal» recolleron o seu lote de produtos típicos en mans da concelleira de Cultura, Mª Elena Baz Rodríguez e da concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario