24 de dec. de 2018

O ROSAL

EXPOSICIÓN “AMIGOS DO MAR”

· Pode visitarse ata o día 20 de xaneiro de 2019, na Sala de Exposicións do Concello do Rosal  

A alcaldesa e una concelleira do Rosal, co escritor Praxíteles González e membros da xunta directiva da Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais “PIUEIRO”, na inauguración da Exposición  “AMIGOS DO MAR”
Fotos: Piueiro

Celso R. Fariñas * / O Rosal

 Dende o día de onte e ata o día 20 de xaneiro de 2019,na Sala de Exposicións do Concello de O Rosal, se poderá ver esta Exposición organizada pola Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais “PIUEIRO”, ca colaboura de dito Concello, e que foi inaugurada as 12:30 do mediodía, ca presenza da Sra. Alcaldesa, parte da Directiva de “PIUEIRO”, e representantes de CULTURMAR e OR.PA.GU., acudindo tamén o escritor local, veciño de Pías, Praxíteles González Martínez, que nos contou algunhas “aventuras” das moitas que coñece vinculadas co mar na costa rosaleira.  

A exposición xa recibiu onte mesmo os primeiros visitantes

 A Sra. Alcaldesa de O Rosal, manifestou o seu agradecemento a quenes posibilitaron esta exposición no seu Concello, e así mesmo felicitou e animou a “PIUEIRO” a seguir traballando pola Cultura Mariñeira, tanto do mar como do río, recollendo imaxes, documentos, trebellos, artes de pesca, tradicións, lendas e vivencias de onte e de hoxe, para que as futuras xeracións poidan coñecer a vida dos seus devanceiros, así como tamén desexou os maiores éxitos no XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia que se celebrará no peirao guardés do 11 o 14 de xullo de 2019. Un evento que será irrepetible, pola dificultade que significa poder concentrar nun mesmo sitio de 100 a 150 embarcacións a vela ou a remo do Alto Minho portugués, do Baixo Miño galego, Tejo-Lisboa, Euskadi, Asturias, Cantabria, Andalucia, Levante, Baleares, Catalunya, Francia, Italia, Croacia, Inglaterra, Irlanda, e outros lugares de Europa.  

Vista parcial da exposición

 Tamén se plantexou que unha vez escomencen as clases, planificar cos directores e profesores dos centros escolares, unha serie de visitas guiadas a esta exposición, e ver as posibilidades para poder facer algunha tamén aos Asteleiros do Minxos (Astilleros del Pasaje) a fin de que os escolares poidan ver como se constrúe un barco tradicional, como é o caso do Volanteiro, que está construindo PIUEIRO, reproducindo un tipo de embarcación que desapareceu fai máis de cen anos. 

* Secretario de PIUEIRO

OIA

A Apalpadora visita Oia o próximo 26 de decembro     

Infogauda / Oia

 A Apalpadora visitará Oia este Nadal para coñecer a todos os nenos e nenas do municipio e repartir landras e moita ilusión no vindeiro ano 2019. O encontro será o día 26 de decembro ás 17.00 horas no Centro Cultural de Mougás, dentro da Semana Cultural.  

 Directamente desde as montañas, a Apalpadora chegará a Oia cunha actividade musical na que falará da importancia de coidar a natureza e de manter unha vida sá. Tamén explicará os beneficios da compostaxe e mostrará aos pequenos e pequenas o valor da lingua galega.   

 Ademais, repartirá sobres con landras recollidas polo persoal da Estación Fitolóxica de Areeiro, nunha divertida tarde onde a natureza, a vida no rural, a maxia e a ilusión serán as protagonistas.  

 Esta actividade enmárcase dentro da iniciativa Nadal en Galego da Deputación de Pontevedra (Ano da Lingua) e está incluída na programación da Semana Cultural que organiza a Asociación Veciñal de Mougás, coa colaboración do Concello de Oia.

O Concello de Oia ofrece obradoiros infantís de instrumentos musicais, maquillaxe e doces dentro da Programación de Nadal   

As actividades desenvolveranse nas parroquias de Loureza e Viladesuso    

 O Concello de Oia organiza varios obradoiros infantís dentro da Programación de Nadal no municipio, os cales se celebrarán nas parroquias de Loureza e Viladesuso nos meses de decembro e xaneiro.  

 O día 28 de decembro a Abadía de Loureza acollerá os obradoiros de elaboración de instrumentos musicais e maquillaxe. As actividades desenvolverase de 10.00 a 14.00 horas e nelas poderán participar nenos e nenas a partir dos 4 anos.   

 Posteriormente, o 4 de xaneiro no Centro Cultural de Viladesuso haberá un obradoiro de elaboración de madalenas e galletas con decoración de Nadal. O horario desta actividade será de 10.00 a 13.30 horas e poderán participar nela pequenos a partir dos 7 anos de idade.   

 Ambos obradoiros son gratuítos, previa inscrición no Concello. Os prazos para apuntarse son os seguintes:   

- Obradoiros de instrumentos musicais e maquillaxe (Loureza): inscricións ata o 27 de decembro.

- Obradoiro de madalenas e galletas (Viladesuso): inscricións ata o 2 de xaneiro.

A GUARDA

BANDAS NA FESTA DO MONTE (2014)


Proxecto Socheo / A Guarda

 Panorámica de entrefachos no que se asentan varias bandas para facer a súas xuras. Podense ver imaxes dos da Corea, dos do Pe do Monte e da Desfeita.

A PASAXE (CAMPOSANCOS) A GUARDA

Horario semanal do transbordador A Guarda – Caminha 

Do martes 25 ao domingo 30 de decembro de 2018  

En pleno século XXI o ferry boat "Santa Rita de Cássia" é o único medio de transporte colectivo de pasaxeiros e vehículos, entre A Guarda e Caminha
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 A Oficina Municipal de Turismo fai público que esta semana as saídas do transbordador veranse afectadas pola marea baixa. Polo tanto, achégase a táboa cos horarios confirmados ata o domingo 30 de decembro coas saídas confirmadas e aquelas que sofren algunha variación están marcadas. 

 Para máis información, recoméndase chamar ao despacho de billetes (Teléfono: 986 61 15 26) no horario de atención ao público, de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00 horas.  

SEMANA DO MARTES 25 AO DOMINGO 30 DE DECEMBRO:

SALIDAS DESDE A GUARDA – CAMINHA                                       (Horario peninsular de ESPAÑA)
MARTES 25
NO HAY SERVICIO
MIÉRCOLES 26
NO HAY SERVICIO
JUEVES 27
10:30
11:30
(no)
(no)
(no)
16:30
17:30
18:30
19:30
(no)
VIERNES 28
10:30
11:30
12:30
(no)
(no)
(no)
17:30
18:15
19:30
(no)
SÁBADO 29

11:30
12:30
13:15
(no)
(no)
(no)
18:30
19:30
(no)
DOMINGO 30

11:30
12:30
13:30
(no)
(no)
(no)
(no)
(no)
(no)


SALIDAS DESDE CAMINHA  - A GUARDA                                      (Horario peninsular de ESPAÑA)
MARTES 25
NO HAY SERVICIO
MIÉRCOLES 26
NO HAY SERVICIO
JUEVES 27
10:00
11:00
(no)
(no)
(no)
16:00
17:00
18:00
19:00
(no)
VIERNES 28
10:00
11:00
12:00
(no)
(no)
(no)
17:00
18:00
19:00
(no)
SÁBADO 29

11:00
12:00
13:00
(no)
(no)
(no)
18:00
19:00
(no)
DOMINGO 30

11:00
12:00
13:00
(no)
(no)
(no)
(no)
(no)
(no)

Observaciones:                                                                             

-La falta de visibilidad con niebla puede provocar alguna cancelación cuando el ferry tenga que navegar fuera del canal.

- Debido a la marea baja se varía el horario de salida y así no se cancela la salida.

DEPORTES

FÚTBOL

EL SPORTING GUARDÉS “SE ATRAGANTÓ” EN SU FEUDO


Informa: José María Salcidos González / A Guarda

 Partido correspondiente a la décimo séptima jornada del Campeonato de 1ª División Autonómica disputado en el Estadio Municipal de A Sangriña entre los equipos Sporting Guardés (6º clasificado, con 27 puntos) y San Martín, C. F. (15º clasificado con 12 puntos).   

 Floja entrada y temperatura baja (16º).   


SPORTING  GUARDÉS,  1  -  SAN MARTÍN, C. F.,  3     

SPORTING GUARDÉS: Pazos, Enmanuel, Andrés (Sergio Pérez, min. 73), Saúl, Jorge (Víctor, min. 46), Fabio (Rodri, min. 73), Mafi (Isidro, min. 46), Cristian, Tucho, Iván y Santi.   

SAN MARTÍN, C. F.: Richi, Sergio, Edu, Portu, Miguelín, Parra, Alexis, Mateo (Diego Lojo, min. 56), Rubén Gago (Pedro, min. 70), Bugallo (Eugenio Magán, min. 85) y Yago Ameneiro (Saúl, min. 75).   

GOLES: 0 – 1, Rubén Gago, min. 65); 0 – 2, Yago Ameneiro, min. 68; 1 – 2, Enmanuel, min. 87; 1 – 3; Eugenio Magán, min. 93   

ÁRBITRO: Youssef Assahli Assoud, auxiliado en las bandas por Óscar Cerqueira Bastos y Diego Cid Alonso, de Vigo. Muy buena la actuación de este trío arbitral. Pasaron desapercibidos. Amonestó por el Sporting Guardés a Saúl y por el San Martín las tarjetas fueron para Sergio, Portu, Bugallo, Yago Ameneiro y Saúl.   

 Antes de comenzar el partido había un grupo de aficionados comentando, dada la clasificación de los equipos, que podía ser un parido propicio para puntuar y uno de ellos, más veterano, dijo “cuidado que al Sporting los partidos de vísperas de fiesta (sea Navidad, Carnaval y otras) siempre se le atragantan” y tenía razón ya que por mucho empeño que pusieron los jugadores locales no fueron capaces de doblegar al equipo contrario. Desde el pitido inicial se notó que el San Martín era un equipo que venía dispuesto a darlo todo para hacerse con los tres puntos y se mostró como un equipo superior al Sporting, que lo intentó pero no le salió nada bien. 

 Ahora a esperar hasta el próximo año y que el descanso le sirva para reponer fuerzas y volver a brillar como al comienzo de temporada.   

 Desde la cabina de prensa del Estadio Municipal de A Sangriña les deseamos a todos (equipo, afición y público en general  ¡¡¡¡¡ FELICES FIESTAS Y  VENTUROSO AÑO 2019 !!!!!

A GUARDA

III HOMENAGEM POLA MEMÓRIA

29 dezembro, às 12H00, na Praza do Reló



Centro Social Fuscalho / A Guarda


 Chega a III HOMENAGEM POLA MEMÓRIA, que desde o Fuscalho começamos a realiçar no 2016 por estas datas.   

 Este ano quigemos por no centro da memória a todas as mulheres invisibilizadas, que passarom a história na maioria dos casos como "mulheres de", e nom como MULHERES em maiúsculas, que sofrerom a bárbarie franquista em todo o seu abano de humilhaçons e repressons.  

 Em concreto escolhemos a 4 mulheres, que repressentam mui bem o que significou a chegada do franquismo a Guarda e a toda Galiza. Falamos de Concha, Maria das Auroras, Manuela Baz e Josefa Garcia Segret. As 4 guardam umha história comum que quigemos utilizar como fio condutor desta homenagem.  

 Colamos um pequeno estrato do blogue "Non des a esquecemento":  

 "...María das Auroras foi detida, rapada, obrigada a beber aceite de ricino e exposta a escarnio na Praza do Reló de A Guarda. Mais aqueles emisarios do terror que a humillaron e que queimaron os seus libros na praza non conseguiron facela claudicar. Non renunciou nunca ás súas ideas e seguiu exercendo o ben naquel tempo gobernado por miserábeis vestidos de casaca e de sotana.  

 Por iso cando saiu do cárcere de Saturrarán Josefa García Segret, a viuva do mestre Hipólito Gallego, encontrou na Guarda “dúas mulleres dispostas sempre ao ben”, María das Auroras e Manuela Baz, que “me abristes as portas da vosa casa para que tivera onde refuxiarme”. " 

DEPORTES

ATLETISMO

I CARREIRA DO NADAL DE TOMIÑO

BRAIS MISA E ELSA PENA FORON OS GAÑADORES ABSOLUTOS


Informa (Redacción e fotografía): Atletismo Trega / Tomiño

 Máis de 200 atletas participaron na I Carreira do nadal de Tomiño. As probas, organizadas polo Concello coa colaboración do club de atletismo Trega-Tomiño, celebráronse o domingo 23 de decembro polas rúas do centro, onde pequenos e maiores disfrutaron dunha mañan perfecta para a práctica deportiva. 

 Os gañadores absolutos foron Brais Misa, de Gondomar e Elsa Pena, de A Guarda. 

 Concello de Tomiño, Adeto, Podium Bikes, Woody Pool, Lito Sports, Protección Civil de Tomiño, Policía Local, Atletismo Trega e preto de 30 voluntarios fixeron posible que a proba se realizase.

LISTAXE DOS TRES PRIMEIROS CLASIFICADOS DE CADA CATEGORÍA

ABSOLUTA FÉMINAS
1 359 PENA VICENTE ELSA 0:17:00,8 2003 ATLETISMO TUI THER
2 340 0:18:09,3 2003 PORTELA OTERO LUCIA TUI
3 334 0:20:02,5 2001 PORTELA OTERO INES TUI
ABSOLUTA MASCULINO
1 39 0:14:13,4 1988 MISA GARCIA BRAIS GONDOMAR
2 43 0:14:44,1 1995 VICENTE LOPEZ PABLO NARON
3 7 0:14:57,7 1974 FERREIRA GONZALEZ JOSE CARLOS CAR MARISQUEIRO
ALEVINS FÉMINAS
1 171 0 2009 ROCHA BAUTISTA PAULA TREGA-TOMIÑO
2 107 0 2009 LAGO SANCHEZ PAULA TREGA-TOMIÑO
3 109 0 2009 GONZALEZ CARRERA MARA TREGA-TOMIÑO
ALEVINS MASCULINOS
1 168 0 2008 SIERPES PEREIRA ALEX TREGA-TOMIÑO
2 174 0 2008 FONTAN ALVAREZ HUGO ATLETISMO PORRIÑO
3 101 0 2008 ESTEVEZ ALONSO ROQUE TUI
BENXAMINS FÉMINAS
1 103 0 2010 MARTINEZ SIERPES AMANDA TREGA-TOMIÑO
2 497 0 2011 BOUZADA CARNEIRO ALBA BAIONA
3 184 0 2011 LEMOS MARTINEZ AINHOA TOMIÑO
BENXAMÍNS MASCULINO
1 112 0 2010 DACUÑA SIERPES YERAY TREGA-TOMIÑO
2 144 0 2010 DA COSTA VICENTE IKER TOMIÑO
3 147 0 2011 RODRIGUEZ DE LA FUENTE XOEL TREGA-TOMIÑO
CADETES FÉMINAS
1 102 0 2005 MORGADO RODRIGUEZ MARCELA TREGA-TOMIÑO
2 131 0 2005 RODRIGUEZ HUERTAS UXIA TOMIÑO
3 114 0 2005 BURGOS ARGIBAY NOA ATLETISMO PORRIÑO
INFANTÍS FÉMINAS
1 100 0 2007 MORGADO RODRIGUEZ ELISA TREGA-TOMIÑO
2 169 0 2007 ROMEU VICENTE MARA TREGA-TOMIÑO
3 106 0 2007 MAGALLANES PEREZ CARMEN TREGA-TOMIÑO
INFANTÍS MASCULINO
1 166 SIERPES PEREIRA CHRISTIAN 0 2007 TREGA-TOMIÑO
2 192 0 2006 SERRANO RICO HARITZ TOMIÑO
3 135 0 2006 PORTELA OTERO TELMO TUI
PREBENXAMINS FÉMINAS
1 178 0 2012 ALVAREZ FERNANDEZ ANTIA O ROSAL
2 138 0 2012 ALONSO DE OLIVEIRA LIA INDEPENDIENTE
3 160 0 2013 MARTINEZ OZORES CARMEN INDEPENDIENTE
PREBENXAMINS MASCULINO
1 129 0 2012 CORRALES RIOBO SAMUEL CLUB VILA DE CANGA
2 176 0 2012 PEREIRA ALFONSO ALEXANDRE TOMIÑO
3 188 0 2012 DE LA FUENTE MARCO TOMIÑO
PULGAS FÉMINAS
1 105 0 2014 CONEJO BASCOY NADIA A GUARDA
2 130 0 2014 CORRALES RIOBO SOFIA CLUB VILA DE CANGA
3 122 0 2014 SANTISIMA TRINIDAD SAN ADRIANA TOMIÑO
PULGAS MASCULINO
1 482 0 2014 GONZALEZ VALVERDE DANIEL OIA
2 113 0 2014 IGLESIAS DOMINGUEZ TIAGO TREGA-TOMIÑO
3 180 0 2014 MARTIN POUSA IKER TREGA-TOMIÑO