28 de feb. de 2018

CULTURA

Os números XVI-XVII de Clave Orión homenaxean a Aurora López e a Andrés Pociña

Valentín García e Luz Pozo Garza presentaron hoxe á mañá o volume noveno da revista que ofrece un percorrido pola poesía galega actual entre os anos 2009 e 2017

A publicación conta co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Os números XVI-XVII da revista de poesía galega actual Clave Orión homenaxean os profesores Aurora López e Andrés Pociña

Infogauda / Santiago de Compostela

 Os números XVI-XVII da revista de poesía galega actual Clave Orión homenaxean os profesores Aurora López e Andrés Pociña. A publicación, que ofrece nesta entrega o seu volume noveno, presentárona hoxe á mañá o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e mais a directora, escritora e académica da lingua galega Luz Pozo Garza. Ofrece un amplísimo percorrido ilustrado pola poesía galega actual entre os anos 2009 e 2017 e conta co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 


O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e mais a directora, escritora e académica da lingua galega Luz Pozo Garza 

 “Falar de Luz Pozo Garza é falar dunha das grandes clásicas das letras galegas por excelencia e dunha das voces máis autorizadas da poesía e da literatura contemporáneas”, destacou o secretario xeral de Política Lingüística, quen sinalou que é unha honra para o Centro Ramón Piñeiro seguir apoiando a publicación.  

 Tamén participaron no acto os colaboradores da publicación, Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer; os interventores da revista, Luís Alonso Girgado e Armando Requeixo; e a directora da área de literatura do Ramón Piñeiro, Blanca Ana Roig Rechou.  

 Poesía galega actual (2009-2017) 

 A revista Clave Orión naceu, herdeira de Nordés, como cabeceira independente en 1995 e ofrece, neste noveno volume da publicación no que se inclúen os números XVI e XVII dedicado monograficamente aos profesores Aurora López e Andrés Pociña en homenaxe, un amplísimo percorrido ilustrado pola poesía galega actual entre os anos 2009-2017.  
 A entrega figura dividida nas seccións O faro extraviado, Tributo a Federico García Lorca, Donas da palabra, Lembranza de Alexandra Koss, Mensura, Iwerddon, Parteluz, Tributo a Luís Pimentel, Paradiso, A pluma na man e Partitura. Contén colaboracións de Manuel Álvarez Torneiro, Carmen Blanco, Gabriel Bussi, Alex Evangelista, Cristina Fiaño, Arantxa Fuentes, Susana García de Quirós, Aurora López, María Lopo, Luis Maquieira, Shozo Nakanishi, Nieves Neira, María Novo, Olga Novo, Olga Patiño, Mar Pereira Vidal, María Pereira, Andrés Pociña, Luz Pozo Garza, Jacques Prévert, Claudio Rodríguez Fer, Meli San Martín, Aurora e Clementina Vidal.  

 A publicación edítase coa axuda da Secretaría Xeral de Política Lingüística, por medio do Centro Ramón Piñeiro, supervisada por Natalia Regueiro e Laura Piñeiro Pais e co labor como interventores de Luís Alonso Girgado e de Armando Requeixo.  

A GUARDA

FORMACIÓN

O CONCELLO IMPULSA UN NOVO CURSO

Para a formación de camareiros/as en bares e restaurantes  


Sara Alonso / A Guarda

 A  Concellería de Turismo do Concello de A Guarda, ofrece un curso gratuíto para a formación de camareiros/as de bares e restaurantes, que se desenvolverá entre o 24 de marzo e o 26 de maio. 

 O obxectivo principal  é formar a novos camareiros/as na preparación e presentación de bebidas e alimentos propios dun bar ou restaurante, aplicando as normas básicas de manipulación de alimentos e atención ao cliente. Ao remate da formación, o alumnado tamén recibirá o carnet de manipulador de alimentos.   

 A programación está deseñada para que as persoas participantes adquiran as nocións básicas na adecuación do local, reposición de material, servizo de alimentos e bebidas en mesa e barra, e atención ao cliente no servizo de restaurante e bar.

 O curso terá unha duración total de 82 horas. Delas, 47 destinaranse á formación teórica, impartíndose durante 8 sábados pola mañá e, na derradeira semana de maio, o alumnado realizará 35 horas de prácticas en bares e restaurantes da Guarda  e a súa contorna.   

 As inscricións poderán realizarse na Oficina de Turismo do Concello da Guarda (Praza do Reló, 1), chamando ao teléfono  986 61 45 46 ou a través do correo electrónico turismo@aguarda.es. 

 As prazas son limitadas e serán outorgadas por rigorosa orde de inscrición.

VIGO

Previsións da CIG de Vigo 

Para este xoves día 1: 

11:00 horas, Centro Cívico do Casco Vello: rolda de prensa do colectivo Galegas 8M, do que fai parte a CIG, para presentar as mobilizacións que se desenvolverán con motivo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora e da folga de mulleres.  


18:30 horas, Casa Galega da Cultura: presentación da ILP en defensa do bosque autóctono e contra os incendios forestais que promove a CIG xunto a outros colectivos ambientalistas, políticos e sociais. 

ARCOS DE VALDEVEZ

Oficina Temática no Paço de Giela "Quanto tempo tem o tempo?" reuniu pais e filhos  

Oficina Temática "Quanto tempo tem o tempo?"

María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 No sábado o Paço de Giela acolheu mais uma atividade dedicada às famílias, a Oficina Temática "Quanto tempo tem o tempo?". 

 Nesta oficina, miúdos e graúdos foram viajantes do tempo e percorreram milhares de anos para descobrir como evoluiu o Homem e a sociedade, desde a Pré-história até à atualidade. Aprenderam, ainda, a contar e a dividir o tempo e conhecer os diferentes períodos da nossa História em Portugal e mais concretamente na nossa região.

Nesta oficina, miúdos e graúdos foram viajantes do tempo e percorreram milhares de anos para descobrir como evoluiu o Homem e a sociedade

 Cada petiz criou a sua linha do tempo, recheando-a de acontecimentos importantes e personagens históricas!  

 A História é importante para conhecermos o passado, mas sobretudo para compreendermos o presente e prepararmos o futuro. Assim, preservamos a nossa memória e a nossa cultura. Agradecemos a todos os participantes! 

 No próximo fim-de-semana, no qual decorre o fim de semana gastronómico, dedicado à carne cachena, será possível fazer uma foto: À MESA COM AFONSO HENRIQUES”. 

 Não perca! Visite o Paço de Giela!

Próximas atividades
MARÇO

03. E 04. MAR. SÁB. E DOM. / TODO O DIA 
FAÇA UMA FOTO: “À MESA COM AFONSO HENRIQUES”
Atividade inserida no Fim de semana Gastronómico da Carne da Cachena e arroz de feijão tarreste

10. MAR. SÁB. / TODO O DIA | COMEMORAÇÃO DO DIA DA MULHER
Visitas guiadas com entrada gratuita e oferta surpresa para as mulheres

27 a 29. MAR. / 14H00 - 17H30 AVENTURAS DE PÁSCOA

30 e 31. MAR. / 10h30 – 12h30 | 14H30 - 17H30 SAI DA CASCA E VEM AO PAÇO

ARCOS DE VALDEVEZ

Mais Pequenos Dinamizam o Mercado  

Crianças foram ao Mercado Municipal para aprenderem sobre Alimentação Saudável e trocaram Recontros por fruta 



María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 Durante o mês de Janeiro, as crianças dos jardins-de-infância do concelho e do 1º Ciclo foram chamadas ao Mercado Municipal para que, de uma forma divertida e cheia de sabor despertassem o interesse para Cozinha Mediterrânica e para o sabor e texturas das frutas e dos legumes. 

 Por outro lado, as crianças receberam Um Recontro (um vale) que puderam, até ao final do dia de hoje, 28 de fevereiro, trocar por fruta no Mercado, o que ajudou a dinamizar ainda mais o espaço e a atrair novas pessoas ao mesmo.  

 Esta iniciativa revelou-se uma aposta ganha e inseriu-se na programação pensada pelo Município para criar dinâmica neste renovado espaço e como uma forma de aumentar as visitas e consequentemente as vendas dos comerciantes lá sedeados.

ARCOS DE VALDEVEZ

Cantadeiras de Soajo na Lista de 10 discos selecionados pela Terra Pura / Crónicas da Terra em Dezembro de 2017
  

Cantadeiras de Soajo

María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 Foi com grande orgulho que o Município viu o primeiro trabalho discográfico do grupo arcuense das cantadeiras de Soajo, “Por Soajo, com Soajo”, ter sido selecionado para a lista dos 10 discos portugueses e de artistas estrangeiros residentes em Portugal, selecionados pela Terra Pura / Crónicas da Terra em Dezembro de 2017.  

 “Por Soajo, com Soajo” é um trabalho composto por 17 temas (S. João de Soajo (1), Um ai meu amor um ai (2), Sachadeiras (3), Viúva (4), Cantigas de escárnio e maldizer (5), Cantigas de amor (6), Senhora da Peneda (7), Saudades (8), Cantares de serão (9), Desafio (10), Quadras soltas (11), Quem me move, bem me entende (12), Soajo I (13), Soajo II (14), Desfolhadas (15), Cantigas ao arco (16) e Rapsódia (17)) que faz o registo cultural e etnográfico da Terra, conservando-o pelos vindouros. 

 Este grupo de 12 elementos é composto por Elisabete Barbosa, Deolinda Araújo Fidalgo, Fátima Sousa do Souto, Florinda da Conceição Cerqueira, Gracinda Enes Gonçalo Martins, Guida Enes, João Barreira da Costa, Luísa Neto Gomes, Manuel Gonçalves (Vira), Maria Fernandes Domingues Carvalho, Maria Joaquina Veloso Enes Viana Rebola e Perpétua Fidalgo. 

 O Crónicas da Terra é um espaço de reflexão e de divulgação musical da folk, da chamada “world music” e das suas múltiplas ramificações que conta com 13 anos de existência. A primeira versão deste espaço surgiu em 1997, agregado ao projeto Musicnet da Rede Terravista.

SAÚDE

TRATAMIENTOS PERSONALIZADOS CON SÚPERINSULINAS Y MEDICAMENTOS NO INSULÍNICOS, EL FUTURO DE  LA LUCHA CONTRA LA DIABETES MELLITUS  

• Esta es la principal conclusión de la jornada de actualización organizada e impartida por las especialistas del Hospital HM Modelo, Dra. Mª Inés Prieto López y Dra. Iria Rodríguez Gómez 

• Estos nuevos medicamentos mejoran el control glucémico, ayudan a controlar el peso, facilitan la protección cardiovascular y renal, y cuentan con pautas de administración más cómodas para el paciente 

• La Diabetes Mellitus tipo 2 afecta al 23% de los mayores de 75 años y, asociada a otros factores, lleva aparejado un alto riesgo cardiovascular  

 Hospital HM Modelo

 Miguel Álvarez López / A Coruña

 El abordaje terapéutico de la Diabetes Mellitus pasa necesariamente por una individualización del tratamiento, en el que fármacos de reciente aparición, como las nuevas insulinas -o súperinsulinas- y otros medicamentos no insulínicos, tienen un peso cada vez mayor. Ésta es la principal conclusión de la sesión clínica que congregó en la tarde de ayer a medio centenar de médicos de diferentes especialidades en el Policlínico HM Matogrande. Bajo el título ‘Diabetes Mellitus: actualización y nuevas estrategias terapéuticas’, la jornada fue organizada e impartida por la especialista en Medicina Interna Dra. Inés Prieto López y la endocrinóloga Iria Rodríguez Gómez, ambas del Hospital HM Modelo.  

 Tal y como indicaba la Dra. Prieto, en la última década se han desarrollado nuevos fármacos antidiabéticos de administración oral y subcutánea, distintos a la insulina -de ahí llamarlos no insulínicos- así como nuevas insulinas -las superinsulinas-, que no sólo mejoran las cifras de control glucémico, sino que también demuestran beneficio en otros factores como el control del peso, la protección cardiovascular y renal, y la presencia de hipoglucemias asociada a la enfermedad. Además, mejoran la calidad de vida de estos pacientes por su comodidad de uso y la flexibilidad en la pauta de administración.  

 Tratamientos individualizados 

 “El 85% de los pacientes que padecen Diabetes Mellitus tipo 2 (DM2) precisan medicación y en cerca del 40% de ellos no se alcanzan objetivos de eficacia, de ahí la importancia de avanzar en la personalización de los tratamientos”, señala la Dra. Prieto. “Por ese motivo, hoy en día se considera que el tratamiento en estos casos debe ser individualizado, según las características de cada paciente, con el fin de conseguir el mayor beneficio y el menor riesgo para ellos, lo que hace que casi se pueda considerar un arte la elección del mismo con las múltiples armas terapéuticas que existen”, enfatiza.  

 Prevalencia y causas 

 La Diabetes Mellitus es una enfermedad crónica y progresiva que afecta a casi 400 millones de personas en el mundo. Atendiendo a la clasificación por tipos, la DM tipo 1 suele afectar a niños y se desencadena por un mecanismo autoinmune con destrucción completa de las células beta productoras de insulina en el páncreas, por lo que siempre precisan insulina. La Diabetes Mellitus tipo 2, que ocurre en el adulto, tiene una base genética además de estar relacionada con los hábitos de vida no saludables y con la obesidad. Este tipo concentra el 90% de los casos de Diabetes Mellitus, y se produce por un descenso de la producción de insulina por las células beta pancreáticas y/o resistencia de su acción en los órganos sobre los que actúa con el fin de reducir la glucosa en sangre.  

 Existen otras causas de Diabetes Mellitus menos frecuentes como la diabetes gestacional, la asociada a enfermedades del páncreas y endocrinas y a algunos fármacos como son los corticoides, entre otros.  

 La prevalencia de la Diabetes Mellitus tipo 2 va en aumento y está relacionada con el envejecimiento. “La padecen el 23% de las personas mayores de 75 años y, sobre todo si se asocia a otros factores de riesgo como obesidad, hipertensión, hipercolesterolemia o tabaquismo, conlleva un alto riesgo cardiovascular y acorta la esperanza de vida de quienes la padecen hasta en 12 años”, explica la Dra. Inés Prieto.  

 Las guías de tratamiento en pacientes diabéticos recomiendan modificaciones del estilo de vida con abandono del hábito tabáquico, reducción del peso y del consumo de grasas saturadas y el ejercicio físico moderado. Además, es fundamental controlar el resto de factores de riesgo cardiovascular como la hipertensión arterial y el colesterol.     

 HM Hospitales 

 HM Hospitales es el grupo hospitalario privado de referencia a nivel nacional que basa su oferta en la excelencia asistencial sumada a la investigación, la docencia, la constante innovación tecnológica y la publicación de resultados. Dirigido por médicos y con capital 100% español, cuenta en la actualidad con más de 4.000 profesionales que concentran sus esfuerzos en ofrecer una medicina de calidad e innovadora centrada en el cuidado de la salud y el bienestar de sus pacientes y familiares.  

 HM Hospitales está formado por 38 centros asistenciales: 14 hospitales, 3 centros integrales de alta especialización en Oncología, Cardiología y Neurociencias, además de 21 policlínicos. Todos ellos trabajan de manera coordinada para ofrecer una gestión integral de las necesidades y requerimientos de sus pacientes. 

 En el año 2014, HM Hospitales puso las bases de un proyecto sanitario líder en Galicia con la incorporación del Hospital HM Modelo y la Maternidad HM Belén, dos centros de referencia en A Coruña a los que se han sumado en 2016 los hospitales HM Rosaleda y HM La Esperanza en Santiago de Compostela. En marzo de 2017 se ha adquirido en Vigo el Centro Médico el Castro – Hospital Perpetuo Socorro, ahora HM Vigo, con el objetivo de completar asistencialmente el llamado eje atlántico.  

 Actualmente, HM Hospitales en Galicia dispone de más de 300 camas y 26 quirófanos que responden a todas las especialidades médicas y quirúrgicas y cuenta con la más avanzada tecnología de diagnóstico por imagen. Destacan la UCI de adultos y neonatal, los servicios de urgencias 24 horas y urgencias pediátricas, la medicina nuclear y el Laboratorio FIV entre otros. Estos recursos vienen a sumarse a los del resto del grupo en el conjunto de España, todos ellos con la mayor cualificación técnica y humana.

PONTEVEDRA

A CHUVIA MANTÉN EN ALERTA ÁS BRIGADAS DE CONSERVACIÓN DE ESTRADAS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA 

Na xornada de hoxe foi preciso retirar neve de 15 vías provinciais nos concellos de Rodeiro, Dozón, A Golada e Lalín  

Máquina quitaneve do departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra traballando nunha estrada provincial
Foto: D. P.

Infogauda / Pontevedra

 O  vai cambiar a alerta por frío activadaa primeiros desta semana para as brigadas de mantemento de estradas por unha nova alerta por chuvia: nas vindeiras xornadas as temperaturas suavizaranse e chegarán borrascas de forma sucesiva.   

 Segundo explica o deputado Uxío Benítez, o día de hoxe estivo marcado por unha intensa actividade das equipas de traballo sobre todo a primeira hora na comarca do Deza, onde se rexistrou unha copiosa caída de neve que obrigou a mobilizar a maquinaria necesaria: o camión coa coitela quitaneve e os esparexedores de sal. Foi necesaria a actuación das brigadas en alomenos 15 estradas dos concellos de Rodeiro, Donzón, A Golada e Lalín ata aproximadamente ás 10.30 horas, cando comezou a chover e a desfacerse a neve que tiña callado.   

 A xornada foi bastante tranquila na zona Sur e centro da provincia, incluso no interior, debido aos tratamentos preventivos e ao reparto de sal realizado nas vías máis conflitivas. A chegada da chuvia tamén facilitou a disolución das capas de neve e do xeo existente nalgunhas estradas.   

 O responsable da coordinación das brigadas provinciais tamén subliñou que de cara a vindeiros días manterase a alerta, neste caso por chuvia, debido á previsión de importantes cantidades de auga por metro cúbico o que, explicou, “ás veces resulta máis laborioso e complexo para o correcto mantemento da vía e a seguranza viaria debido aos arrastres e aos atranques de taxeas que crean bolsas de auga nas calzadas”.   

 Tal e como está establecido nos protocolos de actuación, nestes días as brigadas realizarán recorridos preventivos durante as mañás aliviando cunetas, retirando maleza e habilitando canles para a saída auga nas zonas detectadas como máis problemáticas. Haberá unha vixilancia especial nas zonas lindeiras cos montes arrasados polo lume na última vaga, xa que as escorrentías seguen a trasladar lamas e rochas que caen nas vías e impiden a circulación rodada e peonil.  

 As brigadas de mantemento de estradas da Deputación, ademais dos percorridos preventivos, atenden tamén as urxencias que xurden 24 horas, estando de garda tres equipas cada día, aos que se suman reforzos en alertas de maior relevancias. Os avisos aos traballadores provinciais chegan dende o servizo de Vixilancia provincial, que é alertado da necesidade de intervención nunha estrada provincial ou ben polo 112 ou por persoal dos concellos ou pola propia veciñanza. 

A PASAXE (CAMPOSANCOS)

As «Barferencias» conclúen cun faladoiro centrado na lamprea

A cita será este venres día 2 de marzo, ás 20:30 horas, na Casa-Bar Aquilino, da Pasaxe (Camposancos) 
   


Sara Alonso / Camposancos (A Guarda)

 O ciclo «Barferencias de Inverno 2017/2018» chegará ao seu fin o vindeiro venres, 2 de marzo, ás 20:30 horas na Casa-Bar Aquilino, da Pasaxe (Camposancos), co faladoiro «De roteiro nas costas da lamprea», da man do profesor na Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo (Uvigo), Manuel Ángel Pombal Diego.  

 O biólogo ofrecerá durante a súa charla un repaso á evolución da lamprea, as súas principais características e as diferentes fases do seu ciclo de vida. Deseguido, Pombal realizará un roteiro polas diferentes artes de pesca utilizadas en Galicia para a captura deste curioso peixe e, finalmente, destacará algunhas das aplicacións e dos resultados obtidos tras a análise da chupona como modelo na experimentación animal. 

 Sobre o relator 

 Manuel Ángel Pombal é doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e, actualmente, profesor na Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo (Uvigo). Tamén forma parte da Asociación Naturalista Baixo Miño (ANABAM) en calidade de vicepresidente.  

 Dentro da Área de Bioloxía Celular, as súas liñas de investigación están centradas no estudio do sistema nervioso utilizando como material experimental a lamprea. Máis polo miúdo, os seus estudios céntranse na organización e desenvolvemento do encéfalo (cerebro) destes vertebrados. Leva 30 anos estudando estes animais. 

PONTEVEDRA

PREVISIÓNS DO PP DE PONTEVEDRA PARA HOXE, MÉRCORES, 28 DE FEBREIRO DE 2018      

PONTEVEDRA  

 O presidente provincial do partido, Alfonso Rueda, mantén unha reunión cos alcaldes e voceiros do PP na provincia de Pontevedra á que asistirán os conselleiros de Facenda, Valeriano Martínez, Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, e de Cultura e Educación, Román Rodríguez.

Hora: 20.00 horas 
Lugar: Sede provincial (Raíña Vitoria 9, 1º)

A GUARDA

Horario semanal do transbordador A Guarda – Caminha  

Do martes 27 de febreiro ao domingo 4 de marzo  

Ferry boat "Santa Rita de Cássia"
Foto: Infogauda


Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda ven de remesar no día de hoxe 28 de febreiro de 2018, a Redacción de Infogauda á táboa de horarios modificada, correspondente as saídas do transbordador veranse afectadas pola marea baixa. Polo tanto, achégase a táboa cos horarios definitivos ata o domingo 4 de marzo coas saídas confirmadas e aquelas que sofren algunha variación están marcadas. 

 Para máis información, recoméndase chamar ao despacho de billetes (Teléfono: 986 61 15 26) no horario de atención ao público, de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00 horas.  

SEMANA DO MARTES 27 DE FEBREIRO AO DOMINGO 4 DE MARZO:

SAÍDAS DENDE A GUARDA – CAMINHA

MARTES 27
10:30
11:30
12:30
13:30
15:30
16:30
17:30
18:15



MÉRCORES 28

11:30
12:30
13:30
15:30
16:30
17:30
18:30
19:30


XOVES 1

11:30
12:30
13:30
15:30
16:30
17:30
18:30
19:15

VENRES 2



13:30
15:30
16:30
17:30
18:30
19:30

SÁBADO 3




15:30
16:30
17:30
18:30
19:30

DOMINGO 4




15:30
16:30
17:30
18:30
19:30


SAÍDAS DENDE CAMINHA  - A GUARDA
MARTES 27
10:00
11:00
12:00
13:00
15:00
16:00
17:00
18:00


MÉRCORES 28

11:00
12:00
13:00
15:00
16:00
17:00
18:00
19:00

XOVES 1

11:00
12:00
13:00
15:00
16:00
17:00
18:00
19:00

VENRES 2



13:00
15:00
16:00
17:00
18:00
19:00

SÁBADO 3




15:00
16:00
17:00
18:00
19:00

DOMINGO 4




15:00
16:00
17:00
18:00
19:00


Observacións:
- Debido á marea baixa variase o horario de saída e así non se cancela o servizo.


(Horario peninsular de ESPAÑA)