28 de feb. de 2018

A GUARDA

FORMACIÓN

O CONCELLO IMPULSA UN NOVO CURSO

Para a formación de camareiros/as en bares e restaurantes  


Sara Alonso / A Guarda

 A  Concellería de Turismo do Concello de A Guarda, ofrece un curso gratuíto para a formación de camareiros/as de bares e restaurantes, que se desenvolverá entre o 24 de marzo e o 26 de maio. 

 O obxectivo principal  é formar a novos camareiros/as na preparación e presentación de bebidas e alimentos propios dun bar ou restaurante, aplicando as normas básicas de manipulación de alimentos e atención ao cliente. Ao remate da formación, o alumnado tamén recibirá o carnet de manipulador de alimentos.   

 A programación está deseñada para que as persoas participantes adquiran as nocións básicas na adecuación do local, reposición de material, servizo de alimentos e bebidas en mesa e barra, e atención ao cliente no servizo de restaurante e bar.

 O curso terá unha duración total de 82 horas. Delas, 47 destinaranse á formación teórica, impartíndose durante 8 sábados pola mañá e, na derradeira semana de maio, o alumnado realizará 35 horas de prácticas en bares e restaurantes da Guarda  e a súa contorna.   

 As inscricións poderán realizarse na Oficina de Turismo do Concello da Guarda (Praza do Reló, 1), chamando ao teléfono  986 61 45 46 ou a través do correo electrónico turismo@aguarda.es. 

 As prazas son limitadas e serán outorgadas por rigorosa orde de inscrición.

Ningún comentario:

Publicar un comentario