26 de dec. de 2018

OIA

O pleno do Concello de Oia aproba por unanimidade a creación dunha comisión de deslinde 

· Entre os termos municipais de Oia e Baiona     

Gerardo Rodríguez Refojos, portavoz do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Oia, en Cabo Silleiro
Foto: José Ignacio Trojaola Chaves

Infogauda / Oia

 No último pleno ordinario do ano celebrado en Oia aprobouse por unanimidade a moción presentada polo Grupo Municipal Socialista para a creación dunha comisión de deslinde que estaría formada, pola alcaldesa, tres concelleiros, a secretaria da Corporación así como un perito designado polo Concello e que tería como finalidade a incoación de expediente de deslinde entre os termos municipais de Oia e de Baiona, dita comisión deberá crearse e aprobarse no próximo pleno ordinario a celebrar en xaneiro de 2019.    

 Baseándose en informes tales como a acta de sinalización das mouteiras comúns a ambos os Concellos de data 6 de Marzo de 1890, a documentación recollida e reproducida no libro LOS FAROS DE CABO SILLEIRO, Luces del Sur de la Ría de Vigo, de Fernando Javier Costas Goberna e Manuel Expósito Álvarez (Técnico Mecánico de Sinais Marítimas en Cabo Silleiro), publicado en 2004, (ISBN/ISSN 84-89599) polo Instituto de Estudos Vigueses, así como no informe encargado polo Concello de Oia a ún despacho de avogados no que se considera viable a incoación do devandito expediente de deslinde preténdese dunha vez por todas, clarificar os límites de ambos os Concellos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario