800 firmas en dúas horas certifican a boa acollida da campaña para esixir melloras na atención á dependencia
O Colectivo de Xubilados/as e Pensionistas da CIG instalou unha mesa informativa en Vigo
O Colectivo de Xubilados/as e Pensionistas da CIG de Vigo recolleu hoxe arredor de 800 firmas para reclamarlle á Xunta melloras na atención á dependencia
Foto: CIG
Infogauda / Vigo
As arredor de 800 sinaturas de apoio recollidas en dúas horas polo Colectivo de Xubilados/as e Pensionistas da CIG de Vigo nunha mesa informativa instalada diante do mercado do Calvario certifica a boa acollida que está a ter entre a poboación a campaña que vén de lanzar a central sindical para reclamarlle á Xunta melloras na atención á dependencia.
Dende a central lembran que os datos recollidos no 'Informe sobre a situación da atención á dependencia en Galiza', elaborado polo Gabinete de Economía da CIG, constatan a urxencia desta reivindicación: faltan prazas de residencia e centros de día públicos; hai un grave atraso na concesión das prestacións e escaseza de recursos destinados a garantir unha vida digna para as persoas dependentes.
De feito, o Colectivo de Xubilados/as e Pensionistas da CIG vén denunciando desde hai tempo que os orzamentos que a Xunta aproba anualmente son insuficientes para abordar as graves carencias existentes en dependencia e atención a persoas maiores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario