CHEGADA DO APALPADOR Á GUARDA
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Co gallo da chegada do Apalpador a nosa Vila, o Centro Social Fuscalho informa que o sábado día 22 de decembro, haberá unha ruada a partir das 12:00 horas polas rúas da Guarda.
A figura do Apalpador, forma parte da tradición do Nadal galego. E como queira que nalgúns lugares pasou o esquecemento, xurdiron colectivos que fixeron todo o posible pola súa recuperación. Como queira que no Baixo Miño xa non había lembranzas do Apalpador, o C. S. Fuscalho contribuiu desde fai uns anos a esa recuperación. Foi así como o Nadal na Guarda fixo un merecido oco para O Apalpador.
Dese xeito, a visita anual do Apalpador xa é algo agardado por picariños, e tamén - por qué non? - polos maiores, que cando se fala de tradicións galegas, todo o mundo está pola labor.
Como debe ser.
Ningún comentario:
Publicar un comentario