19 de dec. de 2018

A GUARDA

O Concello convoca axudas a deportistas individuais 

· A través dunha partida do orzamento municipal por importe de 3.000€ 


Infogauda / A Guarda

 O executivo municipal fai público que o Concello de A Guarda ven de aprobar as axudas a deportistas individuais da vila a través dunha partida do orzamento municipal 2018.34102.48000 por importe de 3.000€  

 Deste xeito aprobouse a convocatoria de concesión de axudas a deportistas guardeses para o ano 2018 polo sistema de concorrencia competitiva, as bases de dita convocatoria atópanse xa para descarga na web municipal e no Boletín Oficial de Pontevedra e no Taboleiro de Anuncios do Concello. 

 Estas bases teñen por obxecto axudar a sufragar os diversos gastos de desprazamento, material e outros dos deportistas guardeses máis destacados, dentro da convocatoria correspondente ao ano 2018. 

 Establécese un prazo de presentación das solicitudes de vinte días hábiles dende o día seguinte á publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. 

 Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, poderá requirirse ó solicitante, no prazo improrrogable de dez días hábiles, que achegue a documentación omitida ou modifique no seu caso a presentada se resultase procedente. Transcorrido o devandito prazo sen que o interesado achegue a documentación solicitada entenderase que renuncia á axuda solicitada. 

 Todas as notificacións derivadas das actuacións de instrución realizaranse a través da web oficial do Concello da Guarda e do taboleiro de anuncios.

Ningún comentario:

Publicar un comentario