PREVISIÓN DE ACTOS NA DELEGACIÓN DA XUNTA EN MADRID/CASA DE GALICIA
PARA A SEMANA DO LUNS 26 AO VENRES 30 DE NOVEMBRO DE 2018
Luns, 26
19:30 horas
A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acollerá a conferencia "O FEMININO E O POLÍTICO NA NOVELA ADIOS PARA SIEMPRE, ADIOS, DE ANA MARÍA FORNEAS FERNÁNDEZ", pola propia autora, Ana María Forneas Fernández. No relatorio, a xornalista madrileña de ascendencia lucense analiza a difícil situación española a través da protagonista do libro, Clara, unha muller que a unha idade inoportuna debe enfrontarse a un despedimento debido á crise e dicir adeus ao benestar da súa vida anterior.
Mércores, 28
10:30 horas
A Asociación de Empresarios Galegos en Madrid, AEGAMA, organiza na Casa de Galicia a conferencia "OURENSE, A PROVINCIA TERMAL" polo presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar. Un acto programado para os seus asociados pero aberto a cantas persoas desexen acudir. Competitividade, economía, emprendemento, termalismo, turismo, cultura, e loita contra o despoboamento rural son algúns dos temas que se van a tratar.
Intervirán o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega; o presidente da Asociación de Empresarios Galllegos en Madrid, Julio Lage; e o relator, José Manuel Baltar.
Xoves, 29
9:30 -14:30 horas
A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acollerá as XORNADAS DE FORMACIÓN EN NEGOCIACIÓN 2018 da FUNDACIÓN BARRIÉ, “Como desenvolver para a túa entidade as túas habilidades de negociación”, na que participarán máis de 45 profesionais do terceiro sector social de ámbito nacional.
Complementarase cunha mesa redonda na que as tres entidades sociais, FEDACE (dano cerebral adquirido); FEDER (enfermidades raras); e ASPACE (parálise cerebral), expoñerán as súas experiencias e as resolucións adoptadas.
Intervirán, entre outros, a coordinadora de Programas de Acción Social da Fundación Barrié, Greta Fábregas; o consultor Social e coordinador da Xornada, Carlos Cortés; e o académico en Esade, escritor e conferenciante experto en Negociación, Joan Plans.
Para acudir ás xornadas é imprescindible confirmar asistencia no correo: smihalic@fbarrie.org
Venres, 30
10:00-14:30 horas
XORNADAS FORMACIÓN FUNDACIÓN BARRIÉ “MÁIS SOCIAL MARCA E COMUNICACIÓN INTERNA 2017-2018 Espazo Máis Social Presencial II “Taller de Intercambio de Experiencias en Marca e Comunicación Interna”, no que entidades como FEDACE- Federación Española de Dano Cerebral, FEDER- Federación Española de Enfermidades Raras, Asperger España, Fundación Secretariado Xitano e WWF España debaterán e achegarán as súas experiencias e as solucións elixidas ao redor destas materias.
Intervirán, entre outras persoas: a coordinadora de Programas de Acción Social da Fundación Barrié, Greta Fábregas; a directora de Social Co, Virginia Moraleda; e a xefa de Comunicación de Social Co, Virginia Castrejana.
Para acudir ás xornadas é imprescindible confirmar asistencia no correo: smihalic@fbarrie.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario