CENTOS DE PERSOAS PASARON O DOMINGO POLO CUARTO BIOMERCADO DE TOMIÑO
O BO TEMPO E A OFERTA DE PRODUTOS ECOLÓXICOS E MÚSICA EN DIRECTO INFLUÍRON NA CONSOLIDACIÓN DO EVENTO
Unha vez máis, o Biomercado de Tomiño foi todo un éxito
Fotos: Santiago Baz Lomba
Infogauda / Tomiño
Unha vez máis, o Biomercado foi todo un éxito. Centos de persoas así o confirmaron coa súa visita ao longo de toda a xornada. Gran participación nos obradoiros de pan e xogos; exquisitas degustacións para todos os padais; exposición e venda de produtos ecolóxicos, artesanía, gastronomía saudable, charlas moi interesantes sobre negocios emprendedores… e música da boa da man de Sabela Cereijo e Cherry Swee, puxeron de manifesto a consolidación do evento, que este ano chegaba a súa cuarta edición.
Novidades coma a preparación e degustación de platos con estrugas (ortigas) e os obradoiros de pan foron dúas das grandes atraccións, espertando o interese de persoas de todas as idades. Se ben a mañá rexistrou un bo número de visitantes, foi a tarde a que congregou maior afluencia de público.
Asemade, as charlas sobre emprendementos no rural, nas cales os promotores contaban a súa experiencia, foron outro dos focos de atracción, rexistrando boa asistencia de persoas interesadas.


Ningún comentario:
Publicar un comentario