10 de out. de 2018

OIA

O Concello de Oia organiza un Obradoiro de iniciación á curtametraxe  

· Vai dirixido a mozas/os en idade escolar que cursen ESO ou Bacharelato

As clases serán impartidas por integrantes de Samaín Produccións, creadores de curtos e vídeos que gozan de gran éxito
Foto: C. O.

Infogauda / Oia

 O Concello de Oia, abre o prazo para inscribirse no Obradoiro de iniciación á curtametraxe en galego, que se vai celebrar na semana do 23 ao 26 de outubro e o 30 e 31 do mesmo mes, de 16:00 a 20:00 horas na Casa Consistorial. 

 Está previsto que se proceda a proxección da curtametraxe na Semana Cultural de Pedornes que se celebraráa principios de novembro. 

 Vai dirixido a mozas/os en idade escolar que cursen ESO ou Bacharelato.

 Con esta iniciativa se procura achegar aos mozos ao mundo do cinema, potenciando as competencias orais e escritas en lingua galega, así como a capacidade creativa a través das artes audiovisuais. O taller combina formación teórica e práctica, ensinándolle tódalas fases, dende a escritura dun guión ata a rodaxe e posterior montaxe.  

 As clases serán impartidas por integrantes de Samaín Produccións, creadores de curtos e vídeos que gozan de gran éxito, tales como a curtametraxe “Liña 52”, “Ao terceiro día” e “Carbón para papá”.  

 Esta actividade se encontra subvencionada pola Deputación de Pontevedra, incluída na liña de “Promoción e desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega”. 

 Os mozos interesados poderán inscribirse ata o venres 19 de outubro, presentando a solicitude por Rexistro en horario de 9:00 a 14:00 horas, xunto con fotocopia do DNI. 

 Máis información no teléfono 986 362 125/639 329 493 ou no seguinte enderezo de correo electrónico :

 aedl@concellodeoia.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario