10 de out. de 2018

BAIONA

Volta dos Nove 

Sábado 13 de outubro, ás 11:30 h., no cemiterio civil de Sabarís 


Monumento na Volta dos Nove

IEM / Baiona

 O Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) e a Comisión da Volta dos Nove convídavos ós actos de lembranza do asasinato dos Ineses, a señora Dolores Samuelle e Os Nove de Baiona e Panxón o vindeiro sábado 13 de outubro. 

Hai xa 82 anos.  

  Ás 11h30'-no cemiterio civil de Sabarís unha lembranza oral e floral para Xosé e Luís López Luís e Dolores Samuellle, tamén coa compaña musical dos da Foz.  

 Ás 11h45'-na Volta dos Nove palabras, música e flores para os nove homes asasinados a noite do 15 para o 16 de outubro de 1936.   

 Foi no 24 de xullo, a media mañá, festas en Santa Cristina. 

 Entraron as tropas que viñan de acalmar Vigo. 

 O comandante militar de Baiona: Ramón Blanco Linares. Requisa na sociedade obreira de Sabarís, na Porta do Sol, socialista e anarquista. Fichas de afiliación, revistas pornográficas, correspondencia, ... 

 Ducias de homes fuxidos. Foron aparecendo todos, pero entre outros, faltaban Pepe e Luís, Os Ineses. Descubertos o 13 de outubro de 1936 agochados na casa de Ventura Pérez, cego, axudado por Dolores Samuellle que compraba moitos víveres para o vello, ou o xornal. Delación e entrada de falanxistas, e garda civil a mañá do 13. Defensa propia e ferido (Luís Refojo Mariño, camisa nova). Luís morto a tiros nunha viña camiño da Ladeira, Pepe no muro do cemiterio. Exposición pública e asasinato de Dolores Samuellle, por encubridora. 

 En Vigo o 15 morre o ferido e esa noite van buscar veciños do Val de Miñor os cárceres de Vigo, traen nove que matan antes da amañecida e á tarde enterran o camarada caído. 

 Herminio Ramos lembrounos: 

 1936 Octubre 16. En el día de hoy aparecen muertos a la orilla de la carretera más allá de la fuente de San Roque nueve hombres que resultaron ser vecinos desta villa, calificados de rojos presos en Vigo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario