27 de out. de 2018

O ROSAL

ROMARÍA DE SAN MARTIÑO

Domingo día 11 de novembro de 2018, ás 10:30 h.

Infogauda / O Rosal

 O domingo día 11 de novembro, festividade de San Martiño, ás 10:30 horas, terá lugar a saída da imaxe do santo, desde á igrexa parroquial de Santa Mariña, do Rosal, en procesión ata á ermida.

 Ass 12:00 h., oficiarase unha solemne eucaristía, con sermón.

 A romaría estará animada polo Grupo de gaitas Albariños, de O Rosal.

 Se a climatoloxía non fose propicia, os actos trasladaranse o domingo día 18.

 Segundo o refraneiro galego e a tradición popular, "Polo san martiño: fai o magosto e mata ó porquiño".

   E xa se sabe, que se o mes de novembro, é tempo de magostos, tamén o é, de probar o viño novo. O refraneiro así o dí: "Polo san Martiño, abilla o teu viño".

 San Martiño de Tours

 Segundo a haxiografía, é decir a historia da vida dos santos, San Martiño naceu en Panonia (Hungría), no ano 316 e finou en Candes (Francia), no ano 397. 

 Súa festividade conmemórase o día 11 de novembro. É patrón dos soldados, dos tecedeiros, dos comercios, en xeral,..., e por suposto de moitas localidades, entre elas Ourense, de cuxa catedral é titular.

Ningún comentario:

Publicar un comentario