18 de out. de 2018

MOVEMENTOS SOCIAIS

REUNIÓN  DA COMISIÓN DA COORDINADORA NACIONAL GALEGA DE EMIGRANTES RETORNADOS CO GRUPO PARLAMENTARIO SOCIALISTA DO GOBERNO (PSOE) NO CONGRESO DEPUTADOS


Membros da Comisión da Coordinadora Nacional de Emigrantes Galegos Retornados diante do Congreso dos Deputados (Madrid)

Madrid, 17 outubro 2018

CINCO ANOS DE LOITA DOS EMIGRANTES RETORNADOS 2013-2018

 Onte ás catro da tarde no Congreso dos Deputados, en Madrid, fumos recibidos polo Presidente de Comisión de Facenda Sr. Hurtado Zurera, a Deputada Patricia Blanquer, e a Deputada de Asuntos Sociais, relacionados coa Seguridade Social, (membro desta Comisión). Goberno PSOE.

 A recepción foi correcta e agradable, por parte da Comisión que nos recibiu, así como tamén o respecto de distintas Deputadas que nos atopamos  polos pasillos do Congreso.

 A reunión desenrolouse nuns termos correctos, ainda que temos que decir que houbo momentos de duro e intenso debate dialéctico entre as dúas partes. O Sr. Hurtado acabou felicitándonos, polos logros conseguidos polos emigrantes retornados, que non son poucos,  recoñecendo e loando en nome do seu Grupo o labor e a valentía dos emigrantes retornados, que durante cinco anos veñen reclamando os seus dereitos, xustiza e igualdade e pedindo os gobernantes de todos estes anos  máis atención a a situación do colectivo dos emigrantes, dos de antes e dos de agora, pois desgraciadamente a sangría da emigración sigue de actualidade.

 Recoñeceu tamén que sin a nosa loita e movilizacións serían imposibles os logros conseguidos e  que fora aprobada en Comisión unha nova Proposición Non de Lei, (coa abstención do PP que lideraba o Deputado galego Tomás Fole, ex-alcalde de Vilagarcía de Arousa), una Lei  que nós CONSIDERAMOS POSITIVA, PERO INSUFICIENTE, daí a reunión para por enriba da mesa que se acepten  as nosas propostas, co fin de poder acadar o obxectivo polo que levamos loitando tantos anos, máis de 250 mil traballadores galegos emigrantes retornados pensionistas e xubilados, que non e outro que: a xustiza e igualdade fiscal e social.

 Cada membro da Comisión dos emigrantes retornados levábamos un tema preparado para desenrolar durante a reunión, para ser breves e claros.

 Para coñecemento do noso colectivo das Plataformas Comarcais de CNGER e da opinión pública galega en xeral, facemos un breve resumo dos temas desta  reunión:

· Problema das pensións de invalideces: Compromiso de homologación, e dicir, recoñecemento de oficio, tal e como veñen especificadas dos países pagadores.

· Problema das pensións de Alemaña: Compromiso de a devolución de oficio do pagado ilegalmente dos anos que non estean pescritos. Sabemos que hai miles de persoas que non reclamaron os cartos, unha mágoa por que agora xa non se pode reclamar máis que unha pequena parte. Ainda así nós reivindicamos que se devolveran os cartos de oficio a todos e a todas as persoas que lle cobraron ilegalmente, como recoñece o TSX de Galiza.

· Problema de máis dun o de máis pagadores: Éles ven difícil e complexa a sua eliminación, comprométense a seguir traballando coa Ministra de Facenda para elaborar o que éles chamaron  “un tratamento fiscal específico” para os emigrantes retornados, buscano unha fórmula para eximir de cotizar unha das pensións (a que agora está exenta é que chega a 1.500 € anuais e que non hai obriga de declarar, auméntandoa) e ista podería ser a vía, ampliando ista cantidade e buscando un tratamento especial para o resto da pensión.

· Novo imposto de Alemaña: No convenio bilateral do 2012 asinado por Alemaña e España e que grava con un 5% as pensións, vixente xa desde o ano 2015,  o país xermano xa comezóu a a enviar cartas os emigrante retornados reclamando  que fagan as suas liquidaccións do período 2015-2017,  solicítase o Goberno do Estado español que se revoque iste convenio para evitar a dobre-imposición. Francia xa mostróu a intención de sumarse a este novo imposto.

· O problema da Seguridade Social: Hai moitas persoas que teñen que pagar a Seguridade Social todos os meses 87,50€ dos seus petos para poder ter asistencia médica.

 A Deputada de Asuntos Sociais Infórmanos que este tema está solucionado pola Lei da Sanidade Universal para todas e todos (sin exclusións), que garante íste Dereito. Publicada no BOE do 30 de xullo de 2018.

· O problema da retroactividade: Están dacordo con nós e recoñecen que o da retroactividade que nos aplicaron foi un abuso, un verdadeiro atropelo, raiando coa ilegalidade.  Agora e moi difícil a súa devolución, pois casi todo está prescrito, e as leises non se poden saltar. Nós insistimos dicíndolle que non renunciamos a nada, foi un atraco do PP de Rajoy e Montoro, un “plan de espolio” dos nosos cartos, un atraco para facer caixa e tapar as súas miserias, pagamos os máis débiles, os emigrantes retornados, este asunto debería ter un tratamento especial de reparación da in-xustiza  por parte da Xustiza do Estado español, que nós temos denunciado na UE, precisamente por “discriminación” (ver Carta dos Dereitos Humanos).

 O Sr, Hurtado, indicounos que cada quen,  ten o dereito de poder recurrir os tribunais de Xustiza  estes pagos cuasi-ilegáis da retroactividade. (?)

 Comprométense  tamén a crear un grupo de “técnicos específicos especiais” para informar e asesorar aos emigrantes retornados no referente o IRPF. Nós insistimos e pedímolles que se lexisle e se facilite información clara e persoal que chegue as casas de todo o colectivo.

 Despois de dúas horas de debate, (6 da tarde) tivemos que rematar a reunión, para voltar no derradeiro tren que sae de Madrid, que nos traia de volta a Galiza.

 Fixemos os deberes como mellor soubemos, agora agardamos que os esforzos e ás movilizacións de todo o colectivo dos emigrantes retornados galegos dea os froitos que todos agardamos e que o novo Goberno do Estado do PSOE de Pedro Sánchez cumpra coas suas promesas e os acordos acadados para conseguir a tan desexada IGUALDADE FISCAL E SOCIAL.

A XUNTA XESTORA DA CNGER

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario