Resultado reunión comité-dirección Vitrasa
· Este venres 5 de outubro ás 9:00 horas terá lugar unha nova xuntanza
Infogauda / Vigo
A primeira reunión en meses entre dirección e comité de empresa de Vitrasa, que decorreu desde as 10:00 até as 15:00 horas de hoxe, e segundo informou a CIG “non logrou achegar posturas sobre ningún dos puntos que reivindica o persoal, referentes a horas extra, eventualidade, problemas coa uniformidade, cámaras de videovixilancia, subrogación, plan de igualdade, baños nas cabeceiras ou condicions diarias de traballo”.
Segundo adiantou Imanol Arnoso, presidente do comité de empresa de Vitrasa, a este xornal dixital “este venres 5 de outubro ás 9:00 horas terá lugar unha nova xuntanza na que, se non se producen avances, o comité formalizaría a convocatoria de paros parciais os martes e xoves a partir de mediados deste mes”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario