17 de out. de 2018

GOIÁN

O CLUB DE LECTURA CHOCOLATE CON LIBROS CONVIDA A SÚA TERTULIA LITERARIA

· Con motivo da presentación da presentación do libro Claro de lúa, de Puri Ameixide

· Este venres día 19 de outubro, ás 20:00 h., na Biblioteca do CEIP Pintor Antonio Fernández

 Nandi de Santiago / Goián

 Este venres 19 de outubro temos o pracer de recibir a Puri Ameixide no noso club. Ven presentar e falar da súa nova novela Claro de lúa editada por Xerais. Novela ambientada en A Guarda a comenzos do século XIX onde a autora quere render unha homenaxe ás grandes novelas decimonónicas. 

 Non faltará a música de Beethoven nin tampouco os petiscos (parte prosaica). 

 Puri Ameixide exerce na actualidade como profe do instituto IES Antón Alonso Rios e vive no Baixo Miño. Que mellor maneira que celebrar o Día das Escritoras que con ela? Estades todas/os convidadas/os. 

 Entrada libre ata completar aforo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario