CULTURA
“Colón: Rumbo a las Yndias”
· A presentación deste libro adiántase para o mércores día 10 de outubro, ás 20:00 h., na Casa dos Alonso
Por motivos de axenda, a presentación do libro que leva por título “Colón: Rumbo a las Yndias”, adiántase para o próximo mércores, día 10 de outubro, ás 20:00 h. na Casa dos Alonso.
“Colón: Rumbo a las Yndias” que contén a colección de filatelia temática de José Ángel Gándara Rodríguez, ven de acadar a Medalla de Ouro na Exposición Mundial de Brasil, -17, que recoñece e amplía os premios e a categoría desta colección.
Esta publicación editada por InfoMAXE, está financiada polo Concello de A Guarda e conta coa colaboura de Instituto de Estudos Miñorans (IEM), Federación Galega de Sociedades Filatélicas (FEGASOFI) e Asociación Cultural de embarcaóns Tradicionais PIUEIRO.
Na presentación interviran, Celso R. Fariñas por InfoMAXE; Antonio Lomba Baz, alcalde de A Guarda; José Ángel Gándara Rodríguez; e Antonio Cid Vázquez, que disertara sobre o Colón galego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario