O Concello convida a disfrutar esta fin de semana
· Con exposicións, cinema, deporte e actividades infantís
Infogauda / A Guarda
Chega a primeira fin de semana do mes de outubro na Guarda con actividades para todas as idades en diferentes espazos públicos do municipio, exposición das Marcas dos Pescadores de Póvoa de Varzim e da Guarda na Casa dos Alonso, Bebeteca na Biblioteca Municipal, comezo do ciclo de Cinema de Outono no Centro Cultural e Carreira e Andaina 15k dende Oia ata A Guarda para completar a axenda desta fin de semana.
Venres 5 de outubro:
A exposición das Marcas dos Pescadores de Póvoa de Varzím continúa na Casa dos Alonso, da man do Museo Municipal de Etnografía de Historía de Póvoa de Varzim e da Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro. Nela podemos ollar unha mostra fotográfica, etnografía marítima (aparellos de pesca, marcas dos pescadores,...), documentos e bibliografía sobre a historia do mar e dos seus pescadores-
Pódese visitar este venres en horario de 7:30 h. a 15:00 h. e de 19:00 h. a 20:30 h.
Este venres día 5 de outubro ás 18:00 h. a Biblioteca Pública Municipal da Guarda elixirá o nome da mascota da Bebeteca nunha actividade denominada «Bebeteca: día das Mascotas».
Esta actividade está recomendada para idades de 0 a 3 anos e de 3 a 6.
A Bebeteca é un espazo con libriños especialmente pensados para iniciar na lectura aos bebés.
Tamén este venres día 5 de outubro comeza na Guarda o ciclo Cinema de Outono coa proxección da película «El sueño de Gabrielle», non recomendada para menores de 12 anos.
Esta primeira sesión do Cinema de Outono terá lugar ás 21:00 h. no Salón de actos do Centro Cultural e a entrada é de balde.
Sábado 6 de outubro:
A exposición das Marcas dos Pescadores de Póvoa de Varzím continúa tamén este sábado na Casa dos Alonso. Pódese visitar en horario de 11:00 h. a 13:30 h. e de 19:00 h. a 20:30 h.
Domingo 7 de outubro:
A sexta edición da 15k do Atlántico – Banco Mediolanum, unha proba deportiva referente do running galego, congregará este domingo a preto de 600 corredores na categoría 15k e 200 na categoría de andaina, saída ás 11:00 h. dende o Campo de Fútbol As Tornas, de Oia.
Haberá actuacións musicais ás 11:30 h. na Praza do Reló (grupo Mbolo Mooye Doolé) e na Praza de San Bieito (dúo Awen).
A meta será no Paseo marítimo do Porto da Guarda.
A exposición das Marcas dos Pescadores de Póvoa de Varzím e da Guarda continúa na Casa dos Alonso. Pódese visitar en horario de 11:00 h. a 13:30 h. e de 19:00 h. a 20:30 h.
Ningún comentario:
Publicar un comentario