23 de out. de 2018

A GUARDA

«A Guarda, todo moi preto»   

· Remataron os sorteos de carros da Campaña de Mobilidade 

Os 20 premiados neste sorteo recolleron o seu carro na Casa dos Alonso da man do alcalde, Antonio Lomba Baz e da concelleira de Comercio Montserrat Magallanes Álvarez
Fotos: C. A. G.

Infogauda / A Guarda

 Este martes día 23 de outubro a Casa dos Alonso, na Praza do Reló, acolleu a última entrega de 20 carros de compra entre os clientes do Mercado da Praza de Abastos da Guarda enmarcado na Campaña de Mobilidade «A Guarda, todo moi preto». Con esta entrega foron un total dun centenar de carros os que se repartiron ao longo das pasadas 5 semanas. 

O alcalde Antonio Lomba Baz presenciando á extracción das papeleras depositadas polos clientes do Mercado da Praza de Abastos da Guarda

 Os 20 premiados neste sorteo recolleron o seu carro na Casa dos Alonso da man do alcalde, Antonio Lomba Baz e da concelleira de Comercio Montserrat Magallanes Álvarez, xunto cun plano «Metrominuto», no que se especifican os tempos e distancias entre os principais puntos do casco urbano coma a Praza do Reló, a Alameda, os aparcamentos, as zonas de servizos, entre outros.   

 Para o alcalde da Guarda o obxectivo desta campaña é concienciar á poboación de que A Guarda é un pobo que se pode percorrer de xeito sinxelo a pé, favorecendo a mobilidade das persoas e a dinamización comercial, engadindo que «temos un casco urbano que se pode percorrer en poucos minutos, non é preciso empregalo coche e se pode facer a pé sen inconvenientes». Neste senso destacou a aposta que se está facendo para promover e por en valor o Mercado municipal da Praza de Abastos da localidade, realizando diferentes obras de mantemento e mellora destas instalacións, promovendo tamén a incorporación de novos postos de venda coa futura licitación e concesión de 7 espazos de venda que se atopan arestora baleiros, ampliando a oferta de produtos e servizos deste espazo comercial do casco urbano do municipio así coma a formación continua dos praceiros e praceiras.  

 A campaña «A Guarda, todo moi preto» abrangue diferentes accións e actividades nos espazos públicos orientadas á concienciación do uso da rúa para a xente, facilitando o movemento a pé polo casco urbano da vila, co emprego das prazas de aparcamento disuaorio postas en marcha nos últimos meses. O obxectivo é ir retirando de xeito paulatino os vehículos da rúa e darlle prioridade aos peóns no centro da vila, cunha filosofía de uso racional dos vehículos, coma o caso da Praza do Reló, tendo coma referencia o proxecto de Francesco Tonucci da Rede Española de Cidades das nenas e dos nenos, da que A Guarda forma parte.

Ningún comentario:

Publicar un comentario