19 de out. de 2018

A GUARDA

A Guarda acolleu unha homenaxe aos prisioneiros no Campo de Concentración de Camposancos asasinados durante a guerra civil
  
Roberto Alonso Ucha - a dereita da imaxe - xunto o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, e membros da Unión Comarcal de CCOO de Vigo
Fotos: C. A.G.

Infogauda / A Guarda

 O xoves 18 de outubro, seguindo a tradición de todos os anos, o sindicato das Comisións Obreiras, xunto co Concello da Guarda, realizou unha homenaxe aos asasinados no campo de concentración de Camposancos durante a guerra civil.  


 O acto de homenaxe, no que participaron preto dun centenar de persoas, tivo lugar na fosa común do cemiterio de Sestás, onde despois de ler unhas verbas por parte do alcalde da Guarda e de representantes do sindicato das Comisións Obreiras se fixo unha ofrenda floral contando coa participación de grupos políticos con representación municipal así como as asociacións culturais e sociais do Concello de A Guarda.   



 Posteriormente, ás 19:00 horas no Centro Cultural, realizouse unha charla-coloquio onde José Antonio Uris Guisantes e Roberto Alonso Ucha (Tito Ucha) disertaron sobre a historia do campo de concentración de Camposancos e, por extensión, da represión da ditadura franquista, engadindo aspectos desta época e tamén establecendo paralelismos e reflexións sobre o contexto da situación actual.

Ningún comentario:

Publicar un comentario