29 de set. de 2018

SALCEDA DE CASELAS

ANA CRISTINA PÉREZ É A ÚNICA CANDIDATA A PRESIDIR NOVAS XERACIÓNS DA PROVINCIA  

• Novas Xeracións de Salceda está de parabéns con esta boa noticia.  

• Rodríguez Davila, amosa a súa satisfacción polo impulso que terá cara as eleccións municipais.  


Santiago Rodríguez Davila, voceiro do Partido Popular de Salceda de Caselas, con Ana Cristina Pérez e membros do Comité Local

Infogauda / Salceda de Caselas

 Santiago Rodríguez Davila, voceiro do Partido Popular de Salceda de Caselas, e os membros do Comité Local, apoiaron e animaron a súa compañeira Ana Cristina Pérez na decisión de presentar a candidatura a Presidencia Provincial de Novas Xeracións.  

 Ana Cristina é unha rapaza de 23 anos, veciña do barrio de Pegullal (Santa María), graduada en Ciencias Políticas pola Universidade Complutense de Madrid.  

 O 1 de setembro, na Xunta Directiva de Novas Xeracións de Pontevedra, aprobouse a convocatoria do IX Congreso Provincial de NN.XX. de Pontevedra, momento no que Ana Cristina, tras ser apoiada polos compañeiros da provincia e do grupo local de Salceda, deu un paso adiante para presentar a súa candidatura. Según comentou, “a idea dun Congreso sempre adoita estar asociada a unha sucesión/renovación, sin embargo, agora non estamos ante un Congreso normal, senón que se convoca meses despois da triste noticia que asolou a provincia e a todo o Partido Popular pola perda do noso presidente e gran amigo Pablo Carollo”.  

 O presidente Carollo, a quen sempre lle estarei agradecida, xa que apostou por min para ser a Secretaria Provincial de Novas Xeracións desde o pasado mes de decembro, e a quen lle gustaría que seguise traballando para, agora, presentar a miña candidatura a este cargo”, afirmou Ana Cristina

 Preséntome - engadiu -  con ilusión, responsabilidade e o compromiso que demostrei co PP e con NN.XX. Preséntome para rendirlle homenaxe ao lema deste Congreso ‘Por ti, Pontevedra ten futuro’ e para continuar traballando como Pablo o fixo pola xuventude da provincia de Pontevedra”.   

 Asemade, da as grazas “os meus compañeiros de Salceda, á familia e amigos polo ánimo e apoio a esta decisión tan importante”.  

 Por outra lado, o presidente local e voceiro municipal, Santiao Rodríguez Davila, sinalou que “o noso Concello conta máis que nunca na organización do Partido e nas Institucións Provinciais –Deputación de Pontevedra-. É un orgullo para a nosa organización local, ter unha persoa que poida asumir ese cargo e esa responsabilidade na Provincia”, 

 “Sempre dixen - continúa Rodríguez Davila -, que son unha persoa reformista e inconformista, por elo dende sempre contei nas miñas candidaturas con persoas preparadas, xóvenes e inquietas, e Ana Cristina é unha desas rapazas que cumpre esas premisas”.   

 No día de hoxe, entregáronse os apoios para formalizar e oficializar a candidatura, sendo Ana Cristina Pérez Cabaleiro a única candidata que opta ó cargo tras entregar os apoios requeridos establecidos polo Comité Organizador do Congreso, afirmou finalmente Santiago Rodríguez Davila.

Ningún comentario:

Publicar un comentario